O Eixo Atlántico receita servizos e infraestruturas como cura para o despoboamento

O presidente do Eixo Atlántico e alcalde do Barco de Valdeorras (Ourense), Alfredo García, alertou este luns en Lugo da necesidade de implementar "servizos e infraestruturas" nesta rexión, que comprende 34 concellos --17 galegos e 17 portugueses--, ademais da Deputación lucense, para combater o problema demográfico e evitar que vaia a máis "o despoboamento".

|

O presidente do Eixo Atlántico e alcalde do Barco de Valdeorras (Ourense), Alfredo García, alertou este luns en Lugo da necesidade de implementar "servizos e infraestruturas" nesta rexión, que comprende 34 concellos --17 galegos e 17 portugueses--, ademais da Deputación lucense, para combater o problema demográfico e evitar que vaia a máis "o despoboamento".


O presidente do Eixo Atlántico e alcalde do Barco de Valdeorras (Ourense) Alfredo García, en Lugo.
García, tras a reunión no Consistorio de Lugo da comisión executiva da eurorrexión de Galicia e Norte de Portugal, subliñou que a "solución pasa por ter servizos, por ter infraestruturas e a solución pasa por ter postos de traballo para que a xente non teña necesidade de marchar".

Un exemplo que vai no sentido contrario, puxo de manifesto, é o que ocorre co paritorio de Verín, do que quere prescindir a Xunta de Galicia, feito que cualificou de "esperpento" ao ampararse o Goberno galego en que "non hai suficientes nacementos".

"Nunca houbo 600 nacementos nin en Valdeorras, nin en Burela, nin en Verín. Sempre as mulleres pariron neses hospitais a plena satisfacción, entón son desculpas de mal pagador. O que hai que facer é manter os servizos porque senón a xente foxe do rural", afeou á Xunta polo peche.

A caída demográfica foi un dos asuntos que se trataron na executiva, que irá á asemblea xeral que se celebrará en febreiro en Matosihnos (Portugal), "á espera que confirme a súa asistencia o primeiro ministro de Portugal, Antonio Costa", e onde se producirá tamén a substitución de Alfredo García como presidente da eurorrexión.

AXENDA URBANA

O secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, puntualizou, a continuación, que "este ano se pechou o ciclo da axenda urbana, e a comisión europea homologou a primeira axenda urbana transfronteiriza de Europa".

Dita "axenda urbana", explicou, pasa por "a liña transfronteiriza Vigo-O Porto, que na parte portuguesa xa está concluída, cun atraso de seis meses". "Pero a parte española leva un atraso de varios anos e acábase de aprobar a adxudicación apenas un mes da electrificación ata Tui que está sen electrificar tamén para 2021", abundou. "Podemos constatar que cara a 2021 podería estar electrificada toda a liña", engadiu.

No comité executivo do Eixo Atlántico tamén se aprobou o orzamento para o próximo exercicio 2020, que ascende a case vinte millóns de euros.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE