Adeus aos voos entre Santiago e Roma dentro duns meses

A compañía Vueling deixará de operar a conexión de Santiago de Compostela co aeroporto romano de Fiumicino a partir da próxima primavera.

|

A empresa abandona a conexión entre as capitais galega e italiana tras cinco anos. Unha moi mala noticia para Santiago, pois se perden unhas 2.900 prazas ao mes entre dous dos grandes atractivos turísticos de Europa.


Persoal de cabina de Vueling

Persoal de cabina de Vueling


A compañía Vueling deixará de operar a conexión de Santiago de Compostela co aeroporto romano de Fiumicino a partir da próxima primavera.


Así o adiantou Aeronoticiaria SCQ citando fontes oficiais da empresa. O confirmaron a Europa Press fontes da compañía, que explican que esta  decisión débese a "a situación económica do mercado europeo".


MÁIS CANCELACIÓNS

En concreto, remiten a explicacións dadas pola firma nos pasados meses respecto a esta situación europea e a necesidade de efectuar "axustes", que neste caso afecta a terminal de Lavacolla.


Ao parecer Vueling reduce os seus avións no aeroporto romano, polo que cancela tamén as ligazóns a Viena, Praga, Múnic, Tel Aviv, Lyon, Nantes, Marsella, Catania, Palermo e Gran Canaria. Hai dúbidas tamén do que pode pasar coa conexión Santiago Alacante.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE