Alerta por inundacións dos ríos Umia e Verdugo, que se desborda xa en Ponte Caldelas

Os servizo de Emerxencias activaron a fase de alerta do Plan de Protección civil por inundacións, ante a crecida dos ríos Umia e Verdugo.

|

Emerxencias lembra que é necesario tomar precaucións como non aparcar preto dos leitos. Hai que ter en conta que mañá seguirá chovendo.


Os servizo de Emerxencias activaron a fase de alerta do Plan de Protección civil por inundacións, ante a crecida dos ríos Umia e Verdugo.


O ru00edo Verdugo desbordu00e1ndose por Ponte Caldelas nunha imaxe do facebook do seu alcalde Andu00e9s Du00edaz

O Verdugo crecido ao seu paso por Pontecaldelas nunha imaxe do Facebook do alcalde Andrés Díaz


Así o informou o 112 Galicia con motivo da crecida de caudais nos leitos fluviais mencionados e ante a posibilidade de "pequenas inundacións".


En concreto, espéranse subidas repentinas de caudal e desbordamentos "puntuais" de terreos, espazos urbanos e propiedades.


Desbordamento que xa se acaba de producir en Ponte Caldelas, segundo confirma o seu alcalde nas redes sociais. Por agora, só cortou un par de vías moi próximas ao leito.




CONSELLO BÁSICO: NON APARCAR NA BEIRA
É por iso que o 112 insta á poboación para reducir os riscos, abandonando as actividades neses espazos, retirando os vehículos da marxe dos ríos, evitando atravesar pontes ou torrentes.

Os puntos galegos que rexistraron máis precipitacións este xoves déronse en estacións situadas por baixo dos 900 metros de altura, sobre todo en Fornelos de Montes (Pontevedra), con 49,4 litros por metro cadrado, e en Forcarei (49 litros por metro cadrado).

Tamén se produciron choivas intensas en Poio e Cuntis, na mesma provincia, con 44,3 e 44,1 litros por metro cadrado, respectivamente, ademais de en o municipio coruñés de Lousame (41,5 litros por metro cadrado).

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE