Os directivos de Caixanova saen indemnes do juizo polo errado 'pelotazo' inmobiliario en Rivas (Madrid)
A sentenza conclúe que non hai probas de que se valesen dos seus cargos para causar un dano económico á entidade
O tribunal destaca que ABANCA, herdeira das caixas, colaborou achegando probas que demostraron a inocencia de Gayoso e os seus subordinados
Fernández Gayoso
ABANCA COLABOROU NO XUÍZO
Ademais de Fernández Gayoso, o tribunal absolveu ao ex director xeral da entidade José Luis Pego, ao exdirector da División Comercial Gregorio Gorriarán e ao exdirector da División de Planificación Financeira e Control Domingo González Mera, ao considerar que das súas declaracións, ratificadas pola abundante testifical e pola proba pericial e documental grazas á "valiosa" achega de Abanca, pode concluírse que os acusados desempeñaron a función que lles era propia do cargo que ostentaban.Segundo os maxistrados, na tramitación do expediente sobre as operacións inmobiliarias "non só se seguiron os mesmos pasos que en resto, senón que dentro de cada departamento ou área sometida ao control" de Gorriarán, González e Pego as decisións eran "colexiadas" e "unánimes", sen que "ningún dos empregados nelas recibise a menor presión ou influencia en sentido algún".
Da proba examinada no xuízo, a Sala conclúe que en Caixanova calquera "problema de modificacións ou de refinanciamento" analizábase no departamento ou área involucrada, para o que se solicitaba información á prestataria que fose necesaria e emitía un informe non vinculante do que se podía facer seguimento no elo seguinte da cadea. Neste sentido, destaca que varias testemuñas manifestaron que era imposible pasar ao chanzo seguinte se previamente faltaba algún requisito.
Escribe o teu comentario