O narcosubmarino, que se resiste a saír, a vista de dron

O remolcador Insuíña Rande, escoltado por unha patrulleira da Garda Civil e unha embarcación de Vixilancia Aduaneira, partiu á primeira hora desta mañá do porto de Aldán para ir ao encontro do 'narcosubmarino' localizado a pasada fin de semana en Punta Couso, e que quedou a unha milla do porto, enganchado a unhas redes, cando era remolcado na tarde noite deste luns.

|

Expectación por ver o sumergible -o primeiro con capacidade transoceánica- incautado mentres segue a persecución do narco galego que escapou a nado

O remolcador Insuíña Rande, escoltado por unha patrulleira da Garda Civil e unha embarcación de Vixilancia Aduaneira, partiu á primeira hora desta mañá do porto de Aldán para ir ao encontro do 'narcosubmarino' localizado a pasada fin de semana en Punta Couso, e que quedou a unha milla do porto, enganchado a unhas redes, cando era remolcado na tarde noite deste luns.


Segundo informan fontes próximas ao operativo, o dispositivo non tivo o éxito desexado por agora. Está previsto que a iso das cinco da tarde culmine un novo intento de rescatar o narcosumbarino, que como se pode ver nas fotos facilitadas a Galiciapress desde o SUP está xa moi próximo á costa:



WhatsApp Image 2019 11 26 at 11.14.21


O navío está xa moi próximo á costa


Mentres tanto, segue a busca do galego que escapou a nado á costa tras o afundimento intencionado do batiscafo. Os seus compañeiros de travesía ecuatorianos pasarán pronto ao dispor do xuíz, pero o contacto local leva xa dous días escapado, o que apunta a que coñecía ben a zona de Aldán e poida que dispoña dalgún contacto alí para ocultarse.



O sumergible foi parcialmente reflotado este luns tras unha ardua xornada de traballo por parte dos mergulladores dos Grupos Especiais de Actividades Subacuáticas (GEAS) da Garda Civil, con axuda duns globos, e con apoio do resto de efectivos.


ENGACHADO A UNHAS REDES

A última hora da tarde comezouse o remolque arrastrando o artefacto pero, a unha milla do porto de Aldán, e debido a que os globos perderon aire, a que quedou enganchado nunhas redes e ás malas condicións do mar, houbo que cancelar a operación.


WhatsApp Image 2019 11 26 at 11.14.21 (1)


Por iso, as embarcacións que coordinan o traslado do 'narcosubmarino' saíron esta mañá desde o peirao de Aldán cara a ese punto, co obxectivo de repetir as manobras para reflotar o sumergible e retomar o seu remolque ata o porto.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE