Abalde e Martínez Abella competirán pola rectoría da Universidade da Coruña

|

O catedrático de Enxeñería de Camiños, Canles e Portos loitará co actual reitor por liderar o centro herculino


O actual reitor da Universidade da Coruña (UDC), Julio Abalde, e o catedrático de Enxeñería de Camiños, Canles e Portos, Fernando Martínez Abella, son os únicos candidatos no proceso electoral na institución coruñesa.


Julioabalde

Julio Abalde


Segundo informou o reitorado, este luns, ás 14,00 horas, terminou o prazo de presentación de candidaturas co rexistro das dúas candidaturas para unhas eleccións a reitor que terán lugar o 4 de decembro.


VOTARASE DE MANEIRA TELEMÁTICA

Este martes, terá lugar a proclamación provisional dos candidatos e abrirase un prazo para a presentación de reclamacións. Atendido este requisito, as candidaturas serán definitivas o vindeiro venres, día 22.

A campaña electoral comezará o luns, día 25, ata o 2 de decembro. A votación a reitor da UDC será o 4 de decembro,de 10,00 a 19,00 horas. O proceso de votación será electrónico, do mesmo xeito que nas eleccións de hai catro anos.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress