A muller de 36 anos desaparecida en Ordes aparece con síntomas de hiportermia pero "ben"

A muller que había desparecido a mañá do sábado no municipio coruñés de Ordes foi atopada na parroquia de Santa Cruz de Montádevos, tamén sita en Ordes, ao fío das 11,00 horas deste domingo.

|

Ánxela Isabel Blanco Lesta sufriu un brote psicótico, segundo a súa familia, e sospéitase que pasou a noite á intemperie


A muller que había desparecido a mañá do sábado no municipio coruñés de Ordes foi atopada na parroquia de Santa Cruz de Montádevos, tamén sita en Ordes, ao fío das 11,00 horas deste domingo.


Buscan a unha muller desaparecida en Ordes, A Coruña, Ánxela Isabel Blanco Lesta Segundo confirmaron fontes da Policía Local da localidade a Europa Press, os efectivos que participaban no operativo de procura atoparon a Ánxela Isabel Blanco Lesta "consciente e fisicamente ben" esta mañá.

A muller desapareceu o sábado, por mor dun brote psicótico do que avisaron os familiares aos servizos de emerxencias cando deron a voz de alarma. A Policía Local e a Garda Civil empezou a buscala na mesma xornada do sábado, cesaron a procura pola noite e esta mañá renovárona xunto con membros de Protección Civil e veciños da zona.

PASO A NOITE AO DESCUBERTO
Diversas fontes explicaron que Ánxela pasou a noite á intemperie e a esta hora da mañá os servizos de emerxencia desprazáronse ata o lugar no que foi atopada para prestarlle auxilio.

Con todo, "a situación aínda está sen controlar" e os axentes traballan para convencela de saír dese lugar e que acepte subirse a unha ambulancia. "Presenta algúns signos de hipotermia e frío", pero "está fisicamente ben", manifestou un membro de Protección Civil.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE