VOX indica que a conta que insultou ao candidato do BNG non era súa e pide o peche de contas falsas en Facebook

O partido emitiu un comunicado en relación á información publicada o domingo 10 de novembro por varios medios de comunicación, onde faciamos eco dos insultos dunha conta de Facebook que simulaba actuar baixo o paraugas de VOX cara a Néstor Rego, candidato do BNG pola Coruña, ao que chamaban "aldeán" e á que respondeu o propio Rego na súa conta persoal.


|

Vox Coruña indica que denunciaron a Facebook esta e outras contas similares que non son oficiais, aínda que poidan estar xestionadas por afiliados ou simpatizantes.


O partido emitiu un comunicado en relación á información publicada o domingo 10 de novembro por varios medios de comunicación, entre eles Galiciapress, onde nos faciamos eco dos insultos dunha conta de Facebook identificada como de VOX Cee Costa da Morte cara a Néstor Rego, candidato do BNG pola Coruña, ao que chamaban "aldeán" e á que respondeu o propio Rego na súa conta persoal.


Miguel Angel Fernandez Vox

Miguel Ángel Fernández, candidato de Vox A Coruña



Desde VOX A Coruña informan que existen varias contas deste tipo e que "en ningún caso" son contas oficiais do partido. "Poden ser de afiliados, de simpatizantes ou non simpatizantes", advirten desde a formación, que en todo caso recalcan que non contan coa autorización de VOX para crear esas canles e que por tanto non falan en nome da forza liderada por Santiago Abascal.


Na mesma liña, desde a formación puxéronse en contacto con este e outros medios de comunicación para desmarcarse dos insultos a Néstor Rego e informar que xa iniciaron os trámites pertinentes para pechar esa e outros perfís de redes sociais que non pertencen ao conxunto de contas oficiais de VOX.  Desde o gabinete de prensa de VOX A Coruña comentan á súa vez que a conta falsa de Cee-Costa Morte xa foi clausurada por Facebook e que xa puxeron en coñecemento da rede social os perfís doutras contas polo estilo.


Do mesmo xeito, a formación insiste en "informar" que VOX "non cualificou de ningún xeito a ningún candidato ás Cortes Xerais de ningunha formación política na provincia da Coruña".


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE