Control rutineiro descobre 200 quilos de cocaína nun contedor no Porto de Marín

|

Axentes da Garda Civil, en coordinación co Servizo de Vixilancia Aduaneira, localizaron na madrugada deste martes, no transcurso dun control rutineiro, un alixo duns 200 quilos de cocaína oculto nun contedor no Porto de Marín (Pontevedra).


Porto de Marín

Porto de Marín


A droga atopábase no interior de dúas bolsas dentro do contedor procedente de Colombia que transportaba material de construción.

Fuentes da investigación sinalaron que os narcotraficantes utilizaron o método do "gancho cego", aproveitando o transporte de mercadoría legal para romper o precinto e introducir a droga sen que tivesen coñecemento os responsables do envío.

A Garda Civil trata de identificar ás persoas encargadas de retirar a droga do contedor que terían que repoñer os precintos novos. O contedor chegou ao porto marinense o pasado domingo.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress