Sanidade chama a revisar se estamos vacinados de paperas

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade recomenda, en especial aos mozos de 18 a 24 anos, revisar a cartilla de vacinación co fin de evitar a difusión das paperas, tras detectarse un "lixeiro aumento" de casos desta enfermidade en Galicia, en concreto entre esas idades.

|

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade recomenda, en especial aos mozos de 18 a 24 anos, revisar a cartilla de vacinación co fin de evitar a difusión das paperas, tras detectarse un "lixeiro aumento" de casos desta enfermidade en Galicia, en concreto entre esas idades.

Segundo informou a Consellería de Sanidade nun comunicado, a maioría teñen administradas as dúas doses da vacina tripla vírica --sarampelo, rubeola e paperas--, que figura no calendario vacunal galego desde 1981.

"Se algunha persoa ten dúbidas de se está vacinado coas dúas doses desta vacina ou non o lembra, é conveniente que se poña en contacto co seu médico de cabeceira", explicou Sanidade.

As paperas é unha enfermidade benigna pero contaxiosa. E o feito de que algún dos mozos teñan paperas aínda coa vacina administrada "é debido a que a resposta inmunológica da vacúa fronte ao virus da parotiditis vai descendendo co paso do tempo".

Para evitar a extensión da enfermidade, Sanidade recomenda ás persoas que a padezan que non acudan ao seu centro académico ou de traballo, ou a outro tipo de actividade común --como deportiva--, nos cinco días seguinte ao comezo dos síntomas. Ademais, indica que debe evitarse ter contacto con embarazadas, persoas inmunodeprimidas ou nenos menores de 12 meses.

Os síntomas máis habituais das paperas son o dolo facial, a febre, dor de cabeza, dor de garganta e perda de apetito.


Vacunapaciente







Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE