(Vídeo) Jácome expulsa á Mesa pola Normalización tras lembrarlle que "só usa o galego para desprestixialo"
Membros da Mesa pola Normalización Lingüística denuncian que o alcalde "só usa o galego para desprestixialo"
O alcalde de Ourense ironizou polo menos dúas veces en público dúas veces sobre o idioma propio. Hoxe varios activistas acudiron ao pleno para recordarlle que a súa obrigación legal é promocionalo.
Varios activistas da plataforma Queremos Galego foron desaloxados este luns do Pleno do Concello de Ourense, despois de reprocharlle ao alcalde da cidade, Gonzalo Pérez Jácome, que "non respecte o galego".
Activistas da Mesa hoxe no Concello de Ourense
INTERROMPERON O PLENO
Os feitos sucederon ao comezo da sesión extraordinaria do pleno cando varios membros da Mesa pola Normalización Lingüísticas irromperon no salón de plenos con pancartas e entoaron cánticos nos que denunciaron que "Jácome só usa o galego para desprestixialo".Os activistas, ademais de despregar carteis nos que se puido ler 'Eu quero galego', tamén lle lembraron ao rexedor que "a única forma correcta e oficial de denominar á cidade é Ourense".
Activistas da Mesa pola Normalización Lingüística @amesanl expulsados do pleno de #Ourense por denunciaren que o alcalde só usa o galego para aldraxalo e desprecialo #LiberdadeParaOGaleo #EnGalegoSi #AsóciateAoGalego pic.twitter.com/VqTi8YIkPo
— A Mesa Normalización Lingüística (@amesanl) November 4, 2019
Finalmente, os manifestantes abandonaron o salón sen problemas acompañados pola Policía Local. Ademais, enviaron este luns un comunicado no que explican que a súa intención é "lembrarlle ao alcalde e ao grupo de goberno as súas obrigacións legais respecto a a lingua".
PROMETEN QUE VOLVERÁN
A Mesa comprometeuse a volver ao pleno "todas as veces que sexa necesario" para facer valer as obrigacións que ten Jácome "para o principal sinal de identidade de Ourense".Así mesmo, o responsable da Asociación polo galego en Ourense, Manuel Carniceiro , recomendoulle a Jácome a aplicación da 'Guía para ou uso do galego na Administración local (2019-2023)' editada pola entidade e enviada a todos os concelleiros elixidos o pasado mes de maio, incluído o propio Jácome.
Escribe o teu comentario