Os vixiantes de seguridade de Riazor preparan protestas
Con todo, tanto o club como a Subdelegación do Goberno aseguran que os partidos de Riazor cumpen os requisitos. Argumento que non convence ao principal sindicato da seguridade privada en España.
O Deportivo da Coruña admitiu a redución de vixiantes de seguridade. Con todo, tanto o club como a Subdelegación do Goberno aseguran que os partidos de Riazor cumpen os requisitos.
Argumento que non convence ao principal sindicato da seguridade privada en España. Tras unha primeira advertencia, a Federación de Traballadores de Seguridade Privada da Unión Sindical Obreira (FTSP-USO) anuncia que incluíu ao estadio de Riazor nas accións da súa campaña nacional para esixir máis medios para os Vixiantes de Seguridade.
Pixhere / JJcernadas
A central considera "inconcibible que non se teñan en conta os riscos aos que se enfrontan estes profesionais ". Entre outras razóns, esgrime que un só vixiante ten que controlar 4 ou 5 portas en cada partido.
O colectivo adianta "accións sindicais" para concienciar ao público do perigo da situación, aínda que o club alega que hai menos espectadores e ingresos en Segunda, pero non especifica que protestas planea en concreto.
Escribe o teu comentario