Concentración dos celadores galegos este 30 de outubro en Santiago de Compostela
As rúas da capital galega acollerán unha manifestación organizada pola 'Asociación de Celadores Galegos' (ACeG) para este mércores 30 de outubro. A marcha comezará ás 17 horas na rúa Otero Pedrayo ata as portas da Consellería de Sanidade, en San Lázaro. O evento concluirá coa lectura dun manifesto.

O colectivo de celadores protestará esta semana en Santiago
Desde o colectivo de celadores tomaron esta determinación despois de ver como durante anos o sector sufriu un empeoramento constante das súas condicións de traballo, especialmente na Atención Primaria e os Puntos de Atención Continuada, onde a figura do celador foise eliminando en favor do 'Persoal de Servizos Xerais' (PSX).
Esta categoría de PSX, única en España, aúna os labores de celador e administrativo e nun principio foi pensada para poboacións pequenas, pero aos poucos foi comendo terreo ao gremio de celadores e desprazándoos da Atención Primaria e os PACs.
REIVINDICACIÓNS
Desde a ACeG protestan contra esta "eliminación dos postos de celador na Atención Primaria e PACs", aínda que non é a única reivindicación que queren facer ante o Servizo Galego de Saude. Desde o sector tamén esixen que se recoñeza o seu cualificación e que se oferte "o 100% das vacantes no concurso de traslados e OPE".
Na mesma liña, a manifestación reclamará medidas contra a privatización na sanidade pública e contra a precariedade nos contratos.
Escribe o teu comentario