Feijóo di estar “preocupado” pola situación do antidisturbios galego hospitalizado
O presidente da Xunta, que fixo alusión a "algunha información sobre policías que resultaron agredidos de forma brutal" en relación á noticia adiantada esta mañá por Galiciapress, criticou que o Goberno de España aínda non notificou “se hai policías galegos feridos”, algo que si fixeron fontes do Sindicato Unificado de Policía a este medio.

Feijóo cargou duramente contra o goberno catalán
Desde a Xunta tratan de “confirmar coa Delegación de Goberno” a situación dos policías feridos. “Calquera policía agredido é unha preocupación para calquera demócrata", manifestou Feijóo, agregando que “no caso de que estes axentes sexan galegos” será "o Goberno da Generalitat” o que terá que “desculparse co pobo galego".
As informacións facilitadas polo Sindicato Unificado de Policía confirman que hai un antidisturbios vigués e membro da UIP de Vigo despregada en Cataluña hospitalizado por un politraumatismo cranial e outras lesións de diversa consideración.
CRÍTICAS A TORRA
Na mesma liña, Feijóo tachou a Quim Torra de ser “un activista máis” e “alterar a orde pública”. Para o titular autonómico o vivido en Cataluña é “un espectáculo bochornoso” provocado pola “gran mentira secesionista” protagonizada por "os que están ao mando da Generalitat".
Policías feridos en Cataluña
Tamén equiparou aos manifestantes cataláns coa “Kale Borroka” e afirmou que Torra carece de “lexitimidade para actuar dunha forma tan irresponsable". Á súa vez, considerou que a folga xeral en Cataluña foi “un fracaso” e lamenta que os dereitos e as liberdades dos cataláns estean "sometidos a un estado de excepción"
Escribe o teu comentario