Competencia expedienta a dúas empresas de arquivos que traballan en Galicia

Así mesmo, pode supoñer unha redución do importe da multa que puidese impoñérselle se achega información con valor engadido significativo relacionada cunha investigación xa iniciada.A CNMC dispón dunha plataforma online de colaboración cidadá para a detección de cárteles mediante a achega de información anónima sobre eventuais acordos secretos entre empresas competidoras para a fixación de prezos ou outras condicións comerciais, a repartición dos mercados ou dos clientes, ou a repartición fraudulenta das licitacións públicas ou privadas.Así mesmo, lémbrase que as empresas solicitantes de clemencia quedan exentas da prohibición de contratar recollida no artigo 71 da Lei 9/2007, de Contratos do Sector Público, para os sancionados por infracción grave en materia de falseamiento da competencia.


|

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) da Xunta, a Cidade da Cultura e o Concello de Neda son algunhas das administracións para as que traballaron estes anos Pandora Xestión Documental e Libnova. Esas son dous das compañías ás que a Comisión Nacional misión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) incoou un expediente sancionador por posibles prácticas anticompetitivas entre 2016 e 2019.



Galiciana



En concreto, o regulador os expedienta pola suposta manipulación concertada de licitacións públicas no mercado da prestación de biblioteca e xestión de arquivos e documentos. As compañías afectadas teñen 18 meses para alegar.  Os outros dous expedientados son Bibliodoc e S.L.R.



Libnova gañou un concurso para a dixitalización de documentos do Arquivo de Galicia da Cidade da Cultura en 2016. Foron máis de 18.700 euros. Esta mesma empresa gañou o 2017 o lote 2 do concurso para a ampliación de Galiciana, a Biblioteca Dixital de Galicia. Foron máis de 46.000 euros adxudicados pola AMTEGA mediante o procedemento negociado sen publicidade. O contrato prorrogouse a finais do ano pasado ata setembro deste ano.


Pandora Xestión Documental, S.L.  traballou para o Concello de Mesa porque gañou o contrato de xestión auxiliar dos servizos bibliotecarios e de arquivo en 2017. Tamén mediante o proceso negociado sen publicidade, que permite ás administracións adxudicar recibindo só tres ofertas solicitadas previamente a certas empresas.


O expediente, segundo resume Europa Press, derívase do establecido no artigo 49.1 da Lei de Defensa da Competencia, ao observar "indicios racionais" da comisión de infraccións prohibidas polo artigo 1 da citada norma. Os acordos entre competidores, indica a CNMC, constitúen unha "infracción moi grave" da lexislación de competencia, que pode conlevar multas de ata o 10% do volume de negocios total das empresas infractoras.


O organismo indica que a investigación dos cárteles constitúe unha das prioridades de actuación da CNMC, dada a especial gravidade das súas consecuencias sobre os consumidores e o correcto funcionamento dos mercados.


POSIBLE CLEMENCIA

Para iso cóntase, entre outros, co 'Programa de Clemencia' que permite ás empresas que forman parte dun cártel beneficiarse da exención do pago da multa, a condición de que acheguen elementos de proba que posibiliten á CNMC a súa detección. Así mesmo, pode supoñer unha redución do importe da multa que puidese impoñérselle se achega información con valor engadido significativo relacionada cunha investigación xa iniciada.


A CNMC dispón dunha plataforma online de colaboración cidadá para a detección de cárteles mediante a achega de información anónima sobre eventuais acordos secretos entre empresas competidoras para a fixación de prezos ou outras condicións comerciais, a repartición dos mercados ou dos clientes, ou a repartición fraudulenta das licitacións públicas ou privadas.


Así mesmo, lémbrase que as empresas solicitantes de clemencia quedan exentas da prohibición de contratar recollida no artigo 71 da Lei 9/2007, de Contratos do Sector Público, para os sancionados por infracción grave en materia de falseamiento da competencia. O artigo 72.5 da citada lei sinala que non procede declarar a prohibición de contratar ás empresas solicitantes de clemencia.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE