Un dron consegue localizar de noite a unha anciá que estaba desaparecida no monte
O equipo de drons da Axencia Galega de Emerxencias (Axega) colaborou na noite deste xoves nun operativo de procura, coordinado pola Garda Civil, dunha muller de idade avanzada que desaparecera no municipio de Forcarei (Pontevedra) e que foi localizada pola cámara térmica dunha das aeronaves non tripuladas.
Os robots aéreos empezan a dar máis mostras da súa utilidade nas busca de persoas desaparecidas mesmo de noite grazas aos seus cámaras infratérmicas

Unha imaxe de arquivo do equipo de drons de AXEGA
ESTABA PRETO DA SÚA CASA
Segundo informou o 112, a muller foi atopada sobre as 1,00 horas a 400 metros da súa vivenda, no lugar de Alfonsín, na parroquia de Santa Mariña de Presqueiras, que foi trasladada ao Hospital Montecelo en Pontevedra.
O 112 Galicia recibiu o aviso da súa desaparición ás 19,45 horas da tarde deste xoves a través dos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Forcarei
A partir de aí activouse un operativo no que participaron, ademais, os voluntarios de Protección Civil de Cerdedo-Cotobade e a unidade de cans de rescate da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Padrón (A Coruña).
Escribe o teu comentario