A subida do prezo do leite non evita que Galicia siga á cola de España

O prezo do leite tivo un lixeiro repunte en agosto en Galicia ata os 31 céntimos pagos de media aos produtores por cada litro, fronte aos 30,9 do mes anterior.

|

O prezo do leite tivo un lixeiro repunte en agosto en Galicia ata os 31 céntimos pagos de media aos produtores por cada litro, fronte aos 30,9 do mes anterior.


Vacas, fonte emisora de metano


Con todo, segundo os datos publicados polo Ministerio de Agricultura, o prezo galego segue á cola de España con Cantabria (tamén con 31 céntimos). Se a comparativa faise con agosto de 2018 (era de 30,3 céntimos por entón) tamén hai un pequeno avance en Galicia.

En España a media tamén se eleva en agosto, neste caso ata alcanzar os 32,3 céntimos, máis dun céntimo por encima da galega. Na Península, o maior prezo que se paga a gandeiros prodúcese en Asturias 34,4 céntimos.

Pola súa banda, o total de granxas lácteas non deixa de caer en Galicia e no mes de agosto queda con 7.282 explotacións que fan entregas, unhas 400 menos das que comezaron o ano.

No tocante a produción, baixou a 234.271 toneladas en agosto en Galicia, un retroceso de en torno ao un por cento en comparación co mes anterior.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE