Adeus aos 12 farois "franquistas" do Parque de Frigsa en Lugo
O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo (BNG), anunciou este venres que "nos próximos días" se reitarán as 12 antigos farois de formigón instaladas na contorna do Parque de Frigsa durante o franquismo.

Rubén Arroxo ante os medios
De feito, segundo informa o Concello, foi o ditador Francisco Franco quen inaugurou a fábrica en 1956. Con todo, os farois levaban sen funcionar desde o peche da factoría no ano 1983.
E é que, debido ao paso do tempo, as antigas estruturas de formigón comezaron a deteriorarse, "chegando algunhas a ser perigosas para os usuarios e usuarias do recinto.
Con todo, Rubén Arroxo sinala que "as que estean en mellor estado, serán conservadas como patrimonio histórico".
Escribe o teu comentario