O programa "máis social" do San Frolán de Lugo inclúe 200 actividades

|

Maite Ferreiro anunciou que o programa estará impreso nos próximos días e pode descargarse xa na web sanfroilan.info.


programa do San Froilán acollerá máis de 200 actividades dirixidas a todos os públicos, con concertos, pasarúas ou maxia, entre outras


As festas patronais celebraranse entre o 4 e o 12 de outubro na cidade de Lugo, aínda que o programa oficial arrincará xa este domingo cunha sesión vermú na praza Agro do Rolo.


G 1569514929



Así, 'Quentando Motores para ou San Froilán' contará coa actuación de Rachel & The Blue Batons e de Malditos Pendejos, a partir das 13,00 horas.

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou este xoves o programa da presente edición.


DÍAS GRANDES

Das máis de 200 actividades previstas, unhas 170 serán actuacións musicais repartidas ao longo dos días da festa, sobre todo o sábado 5 e o domingo ds mozas, con 25 e 31 concertos, respectivamente.a


Así mesmo, Ferreiro destacou que será a edición "máis social" do evento, na que se triplicarán os puntos lilas de atención por especialistas en igualdade e contarase cun posto antirruido para nenos con TEA e TCS.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress