Fin de semana con ondas de catro a cinco metros de altura en todo o litoral galego

|

O litoral galego volverá ter aviso de nivel amarelo desde media mañá deste venres, 27 de setembro, debido a ondas de catro a cinco metros de altura.


Aviso amarelo no litoral galego para o venres 27 de setembro.
Segundo o Boletín de tempo meteorolóxico con avisos publicado por Meteogalicia, e recolleito por Europa Press, as borrascas que se desprazan polo Atlántico norte formarán ondas que chegarán ao litoral galego cunha altura duns catro metros.

Por iso, a partir das 9,00 horas deste venres está previsto aviso amarelo no litoral da Coruña, mentres que no da Mariña luguesa e no de Pontevedra está fixado para as 12,00 horas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress