Récord de solidariedad e participación na carreira pola integración de Enki que apoia da Caixa

Tras anunciar o pasado venres 13 de setembro a apertura do prazo de inscrición, miles de persoas decidiron participar nunha iniciativa que aúna educación en valores e deporte, e cuxas inscricións se pecharon a noite do sábado 21.A VI Carreira por de Obstáculos pola Integración ENKI Galicia será, un ano máis, a cita anual de referencia a favor da inclusión, ao atraer a numerosos participantes chegados de todos os recunchos de Galicia.


|

Pouco máis dunha semana duraron os 10.000 dorsais previstos pola organización da popular carreira de obstáculos que terá lugar o vindeiro sábado na Coruña co apoio do Concello, laCaixa e a Fundación María José Jove


VINA Carrera ENKI Galicia logra un novo récord: en tan só 8 días esgotáronse os 10.000 dorsais dispoñibles para participar na proba, que se celebrará no centro urbano da Coruña o sábado 19 de outubro. La Carrera de Obstáculos pola Integración alcanza así un novo fito ao converterse na proba máis multitudinaria das organizadas ata a data por ENKI e na carreira non competitiva destas características que rexistra un maior número de asistentes de toda Galicia en 2019. Tras anunciar o pasado venres 13 de setembro a apertura do prazo de inscrición, miles de persoas decidiron participar nunha iniciativa que aúna educación en valores e deporte, e cuxas inscricións se pecharon a noite do sábado 21.


Unha pasada ediciu00f3nd e a carreira solidaria de Enki na Coruu00f1a




A VI Carreira por de Obstáculos pola Integración ENKI Galicia será, un ano máis, a cita anual de referencia a favor da inclusión, ao atraer a numerosos participantes chegados de todos os recunchos de Galicia. Trátase dunha proba deportiva e lúdica apta para públicos de todas as idades e condicións, que poden participar de forma individual ou por equipos nunha carreira que conta cun circuíto totalmente adaptado e preparado para que todas e todos os asistentes poidan superalo á vez que gozan da proba. 


Así, baixo o lema #JugandoAGanar, a carreira presenta un percorrido de practicamente 2.500 metros repleto de divertidos obstáculos e libres de alérgenos, como a guerra de fariña sen glute, unha festa da escuma ou o labirinto de cordas, que farán gozar aos seus 10.000 participantes. Ademais, ENKI convida o público, entidades sociais e centros educativos participantes a vestirse para a ocasión xa que, un ano máis, premiará aos equipos máis numerosos e animados ou que conten co disfrace máis orixinal.


ALGO MÁIS QUE DEPORTE

A educación en valores e na diversidade, así como a inclusión e a práctica deportiva son a razón de ser da proba, impulsada por ENKI coa colaboración da Fundación María José Jove, Obra Social “a Caixa” e o Concello da Coruña. Tal e como é habitual, a organización destina o 100% do diñeiro recadado a través das inscricións da carreira a entidades sociais e proxectos que promovan dunha forma efectiva a incorporación ao deporte das persoas con diversidade funcional. Ademais, co obxectivo de visibilizar o labor que realizan as entidades do sector, a Carrera ENKI Galicia conta en cada edición cun Espazo da Solidariedade, que permite dar a coñecer, o propio día da proba, o traballo que levan a cabo as asociacións e fundacións co fin de facilitar a inclusión das persoas con diversidade. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE