Colectivos de Vigo mobilízanse toda a semana antes da folga polo clima do venres

A cidade olívica súmase ás máis de 2.000 convocatorias de 155 países que celebran a semana mundial polo clima a partir deste luns e que inclúe a folga internacional polo clima o 27 de setembro.

|

Recollida de de lixo no río Lagares , concentracións de estudantes, permacultura e a gran manifestación do venres son algunhas das actividades programadas desde os Fridays for Future de Vigo.



A cidade olívica súmase ás máis de 2.000 convocatorias de 155 países que celebran a semana mundial polo clima a partir deste luns e que inclúe a folga internacional polo clima o 27 de setembro.


Fridays for future vigo 1500x50f0

Unha pasada mobilización do colectivo nunha imaxe da súa Twitter


Desde este luns Vigo organiza unha serie de actividades reivindicativas que culminarán con "unha das maiores mobilizacións a favor do clima a nivel mundial" o 27 de setembro.


O obxectivo desta convocatoria é "esixir a declaración, por parte das diferentes institucións, do estado de emerxencia climática e a adopción urxente de diferentes medidas para combater e contrarrestar os efectos do cambio climático".

Así o manifestaron varias organizacións, entre as que destacan 'Fridays for Future' de Vigo e o Movemento Galego polo Clima, que conta co apoio de máis de 60 asociacións galegas que secundarán a iniciativa "axuntando as súas forzas".


AXENDA E MANIFESTACIÓN EN VENRES

Desta maneira, a partir do luns haberá actividades de visibilización do problema climático, presentación de alternativas ao sistema de produción actual, actos pola soberanía alimentaria, concentración durante a mañá do 27S e a manifestación polo clima o mesmo día ás 20,00 horas desde Vía Norte. Antes, ás 11 horas haberá concetración estudantil fronte aos centros escolares para reclamar a declaración da Emerxencia Climáticia. O mércores haberá actividades sobre permacultura no Ecolectivo de Monte dá Serra de Castrellos ás 17:30 horas.


Para finalizar, o domingo as entidades prevén realizar unha recollida de lixo no río Lagares ás 11,00 horas como broche da semana mundial polo clima.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE