Un policía e unha candidata do PSOE xulgados por espiar a un compañeiro do PSdeG para afundilo nas listas

A que fose secretaria de Acción Electoral de PSOE de Ourense MT.T.C. e o seu compañeiro de partido E.C.R. serán xulgados o vindeiro xoves, día 26 de setembro, por espiar os antecedentes doutro militante para prexudicar a súa posible candidatura ao Senado pola provincia.

|

A loita por facerse un oco na candidatura ao Senado do PSOE de Ourense chegou a tan extremo que se violaron a confidencialidade das fichas de antecedentes policiais, segundo o fiscal


A que foi secretaria de Acción Electoral de PSOE de Ourense MT.T.C. e o seu compañeiro de partido E.C.R. serán xulgados o vindeiro xoves, día 26 de setembro, por espiar os antecedentes doutro militante para prexudicar a súa posible candidatura ao Senado pola provincia.



Imaxe de arquivo dun policu00eda fronte a un computador nunha foto do Ministerio do Interior

Imaxe de arquivo dun policía diante dun computador nunha foto do Ministerio do Interior



FICHEIRO DE ANTECEDENTES DA POLICÍA NACIONAL

Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), a fiscalía atribúe aos dous acusados un suposto delito de descubrimento e revelación de segredos polos que pide unha pena de dous anos de cárcere e o pago dunha multa.

A fiscalía considera que a acusada MT.T.C. contactou o 13 de setembro de 2015

por vía telefónica co outro acusado que era axente da policía para que comprobase os antecedentes penais do denunciante J.A.A, ao considerar que este podía ser o seu rival para disputarlle a condición de candidato ao Senado. O acusado, axente de Policía, "procedeu ao día seguinte na súa condición de policía nacional a acceder á base de datos de denuncia do corpo nacional de policía SIDEPOL, en concreto ao atestado no que aparecía encartado J.A.A. consulta que tivo lugar en concreto o día 14/9/15 ás 12.36 horas, comunicándose coa acusada ese mesmo día, horas despois da consulta, mediante o cal lle confirmaba a información solicitada", resume o fiscal na súa acusación. 


BAIXÁRONO NAS LISTAS DO PSOE DE OURENSE

O Ministerio público asegurado que, debido a estes comportamentos, o denunciante "resultou prexudicado" xa que "o seu posto na lista de candidatos" á Cámara alta viuse alterado.

O xuízo terá lugar o próximo día 26 de setembro na Sección Segunda da Audiencia Provincial de Ourense.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE