Operación "pioneira" logra extirparlle un tumor a un neno de tres anos na Coruña

Cirurxiáns torácicos do Hospital Quirónsalud da Coruña realizaron "con éxito", explicou este centro hospitalario, unha intervención de "cirurxía pioneira" a un neno de tres anos que presentaba unha lesión tumoral no pulmón e que xa fora intervido na zona do tórax en dúas ocasións previas.

|

Facendo unha mínima incisión de dous centímetros, os profesionais galegos lograron eliminar un tumor dun pulmón dun neno, que se puido ir a casa 24 horas despois da operación


Cirurxiáns torácicos do Hospital Quirónsalud da Coruña realizaron "con éxito", explicou este centro hospitalario, unha intervención de "cirurxía pioneira" a un neno de tres anos que presentaba unha lesión tumoral no pulmón e que xa fora intervido na zona do tórax en dúas ocasións previas.


O doutor Diego González Rivas do Hospital Quirónsalud da Coruña.


dEn concreto, a intervención levouse a cabo "mediante unha abordaxe cirúrxica subxifoideo, por encima do diafragma, con cirurxía videotoratoscópica asistida", explicou o centro hospitalario coruñés.

UN TUMOR DE COMPLICADO ACCESO
O doutor Diego González Rivas, cirurxián torácico do Hospital Quirónsalud A Coruña que liderou a intervención, realizada o pasado 4 de setembro, explicou que a cirurxía consistiu en "extirpar dunha forma minimamente invasiva, unha lesión tumoral de difícil acceso, ao estar localizada dentro do tórax, sen entrar por esta cavidade".

"Cunha única incisión duns dous centímetros, nunha zona por encima do diafragma, abordaxe subxifoideo, e mediante cirurxía videoasistida por toracoscopia chegamos a extirpala", engadiu o doutor. Segundo comentou, optouse por esta técnica tras valorar o estado do paciente, que "xa sufrira dúas intervencións moi recentes na zona por cirurxía aberta (toracotomía) que facían moi arriscado realizar outra cirurxía convencional", sinalou.

ALTA EN 24 HORAS

"Este tipo de abordaxe en nenos é máis complexo que en adultos porque todo é moito máis pequeno e o material non está adaptado. Ao mesmo tempo, o centro hospitalario onde se realice debe dispoñer dunha serie de características, como gran experiencia en cirurxía pediátrica e anestesistas expertos que saiban manexar a vía aérea e facer entubación selectiva en nenos", comentou o doutor González Rivas.

"O resultado foi moi bo e o neno puido recibir o alta ás 24 horas, sen apenas dor, e regresou á súa casa para seguir o tratamento da súa enfermidade", destacaron por parte do centro hospitalario.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE