A 111 km/h nunha zona limitada a 30 nas inmediacións da Muralla de Lugo
Un condutor foi interceptado na madrugada deste luns cando circulaba a 111 quilómetros por hora na Rolda da Muralla de Lugo, unha vía urbana que está limitada a 30 quilómetros por hora.
Un condutor foi interceptado na madrugada do sábado ao domingo cando circulaba a 111 quilómetros por hora na Rolda da Muralla de Lugo, unha vía urbana que está limitada a 30 quilómetros por hora.
Conforme lembrou o Consistorio, a condución dun vehículo de motor ou sicomotor a velocidade superior en 60 quilómetros por hora por vía urbana é constitutiva dun delito contra a seguridade viaria, castigado no Código penal con pena de prisión de tres a seis meses ou con multa de seis a doce meses.
Tamén coa de traballos en beneficio da comunidade de 31 a 90 e, en calquera caso, coa privación do dereito para conducir vehículos de motor e ciclomotores por tempo superior a un e ata catro anos.
Escribe o teu comentario