20 anos despois o xuízo pola fraude de subvencións na patronal galega suspendido por "perderse" miles de folios
O ex-número 2 da Confederación de Empresarios de Galicia reclama a prescrición dos presuntos delitos e o xuíz pide "perdón" polos atrasos. Ata febreiro de 2020 parece que, como pronto, non haberá xuízo.
O xuízo sobre a suposta fraude de subvencións ocorrido na Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) hai 20 anos foi suspendido este martes na súa primeira xornada ao alegar as defensas indefensión por non poder acceder a miles de folios.
Sánchez Sostre no xulgado
Durante o arranque deste xuízo, que tería que celebrarse ata o mes de outubro e agora queda aprazado, a fiscala achacou que esta documentación non fose incorporada formalmente ao caso a "unha problemática do día a día" no funcionamento do xulgado de instrución ao "perderse", aínda que sostén que "todas as partes" tiveron coñecemento dela.
ARGUMENTOS DAS DEFENSAS
En cambio, as defensas alegan indefensión ao non haber poder accedido a 21 tomos da causa --a cantidade total difire entre os 6.000 e os 9.000 folios en función do que di cada parte--. Por iso, reclamaron unha suspensión, á que accedeu o tribunal, así como unha nulidade parcial de actuacións sobre a que aínda se debe decidir.
O XUÍZ PIDE PERDÓN
O presidente da Sección Sexta da Audiencia Provincial da Coruña --con sede en Santiago--, Anxo Pantín, xa avanzou que ata, polo menos, o mes de febreiro de 2020 a axenda desta sala está completa, polo que antes non poderá celebrarse. As dilacións neste proceso levaron a que o xuíz pedise "perdón" no peche da súa intervención desta sesión.
Para ejemplificar a dilación neste proceso, o avogado de Rafael Sánchez Sostre, principal acusado que foi secretario da patronal galega, explicou que comezou con 40 anos na causa e agora ten 59. "Vou xubilar antes de que se termine", afirmou nunha intervención na que pediu a prescrición dos delitos.
Escribe o teu comentario