(RESUMENES) ​Dépor feminino e Dépor masculino: as dúas caras dun mesmo escudo

Mentres as pupilas de Manu Sánchez arrincaron a súa andaina na elite do fútbol feminino sendo unha das sensacións da liga, a sección masculina do cadro herculino non levanta cabeza, con só unha vitoria en cinco partidos e deixando moitas dúbidas. 


|

Mentres as pupilas de Manu Sánchez arrincaron a súa andaina na elite do fútbol feminino sendo unha das sensacións da liga, a sección masculina do cadro herculino non levanta cabeza, con só unha vitoria en cinco partidos e deixando moitas dúbidas.


Deportivo feminino e masculino


O Dépor feminino ten mellores resultados que a secciçon masuclina | Fotos: RC Deportivo


A Coruña ten motivos máis que dabondo para estar orgulloso da imaxe que está a dar o Deportivo da Coruña…feminino. Porque as xogadoras do Dépor, un club debutante na liga Iberdrola despois do histórico ascenso conseguido o curso pasado, demostraron en só dúas xornadas que a súa chegada a Primeira non vai ser testemuñal, senón que non se poñen teito e que non teñen intención de ser as cincentas da categoría. En cambio, a sección masculina do club branquiazul non termina de arrincar tras cinco xornadas nas que só logrou un triunfo. O proxecto de Anquela xera moitas dúbidas e o empate desta fin de semana en Xixón fai aínda máis profunda a ferida dun equipo que non se atopa nin dentro nin fóra da cancha.


PEKE E GABY ASALTAN SEVILLA

Sensacional partido do Dépor feminino ante o Real Betis, que se viu sorprendido polo acerto anotador das galegas e pola intensidade que xa demostraron na primeira xornada na súa vitoria ante o Espanyol por 3-1. As pupilas de Manu Sánchez non baixan o ritmo e suman os seus partidos por vitorias despois do 3-4 conseguido na última data. Peke e Gaby golearon, pero Abelleira e Athenea callaron un soberbio partido no plano individual.



Resumo do partido \ GOLTV


Como ante as catalás, tardou pouco o Dépor en poñerse con vantaxe no luminoso. Peke resolveu un man a man aos dous minutos para adiantar ás súas. Responderon o verdibrancas vinte minutos despois á saída dun córner que remachou Ana González.


Na segunda parte as herculinas saíron mellor que os seus adversarios e aos dez minutos da continuación o marcador lucía un 1-3 tras os tantos de Gaby e Peke, que de novo volveu ver porta chegando desde segunda liña para superar a Gerard. Cazalla recortou distancias a falta dun cuarto de hora pero Gaby, que non quería ser menos que Peke, puxo o 2-4 no minuto 83. Abam anotou o 3-4 definitivo no desconto, despois dunha mala saída de Sullastres, que tampouco estivo acertada no gol de Cazalla, que como o 1-1 produciuse á saída dun córner.


EMPATE NO MOLINÓN E GRAZAS

O Dépor de Anquela levou un puntiño da súa visita a Xixón e sobre a bucina. Os galegos lograron rascar un empate ante o Sporting grazas a un gol de Aketxe anotado desde os once metros no tempo de desconto. Djurdjevic adiantara aos locais aos cinco minutos de xogo, pero o cadro sportinguista non soubo pechar o partido ante a súa afección.


As cousas non puideron empezar mellor para os branquivermellos, que aos cinco minutos xa dominaban no marcador. Djurdjevic vestiuse de Henry para aproveitar un servizo na exterior da área para mandar o balón para durmir á escuadra, imposible para Dani Giménez. O Dépor tratou de responder a xenialidade do serbio de forma inmediata, pero o croque de Christian Santos topouse co traveseiro.


No segundo tempo os dous equipos trataron de ser máis contundentes nas áreas, pero ambos os ataques atopáronse coa mellor versión dos cérberos. Mariño evitou coas súas estiradas que Aketxe recortase distancias antes, mentres que Dani Giménez privou ao dianteiro serbio do seu dobrete. Con todo decidido e O Molinón saboreando a vitoria, unha man de Borja López na súa área deu aos galegos unha oportunidade de ouro para non irse sen carga. Oportunidade que aproveitou Aketxe para transformar o penalti con total seguridade e amarrar un punto que non despexa as dúbidas que planean sobre o equipo de Anquela, pero que dá un pouco de aire a un Dépor ao que, tras só cinco xornadas, empézanlle a facer falta balóns de osíxeno. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE