O número 2 da patronal acusado de estafar 20 millóns de diñeiro público é xulgado 20 anos despois

A Sección Sexta da Audiencia Provincial da Coruña, que ten a súa sede en Santiago de Compostela, abrirá este martes a vista oral do xuízo por supostas irregularidades nas facturas de cursos organizados pola Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) detectadas en torno ao ano 2000, hai case dúas décadas.

|

A crise que sofre a Confederación de Empresarios de Galicia, que leva anos sen presidente, explícase, en parte, por tramas corruptas como a que dirígía presuntamente Sanchez Sostre. Cunha enorme lentitude, a Xustiza séntao esta semana no banco de acusados por supostamente birlar diñeiro público para cursos de formación da Xunta, o Estado e a UE. 


A Sección Sexta da Audiencia Provincial da Coruña, que ten a súa sede en Santiago de Compostela, abrirá este martes a vista oral do xuízo por supostas irregularidades nas facturas de cursos organizados pola Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) detectadas en torno ao ano 2000, hai case dúas décadas.



Sanchez sostres fotonoticia 20120727170631 1200

Sede da patronal galega



O NÚMERO DOUS DA PATRONAL NO BANCO

Para o principal acusado, o que ata ese ano fose secretario da patronal, Rafael Sánchez Sostre, Fiscalía pide 4 anos de prisión e unha multa de 2 millóns de euros por un delito de fraude de subvencións.


Despois da súa caída en desgraza, Sanchez Sostres sigió operando no sector do transporte, chegando a ser apoderado de Arriva.



Segundo o escrito de acusación, hai outros oito imputados, entre eles sleceres, xestores ou representantes de empresas organizadoras de cursos de formación por supostamente apropiarse de fondos públicos destinados para ese efecto entre os anos 1996 e 1999.

Para estes investigados á marxe de Sánchez Sostre, o Ministerio Público pide 2 anos de prisión e multas que oscilan entre os 50.000 e os 500.000 euros.


ACUSACIÓN

De acordo con Fiscalía, todos eles, "coa finalidade de conseguir un beneficio patrimonial", apropiáronse de fondos públicos xustificados a través de "cursos non realizados", facturas "dobradas" e a "imputación excesiva de custo" de profesorado, aulas e manuais didácticos, ademais de "outros excesos contables".


SALPICADAS CASE TODOS Os NIVEIS DE ADMINISTRACIÓN

Neste contexto, considérase a Sánchez Sostre, por aquel entón secretario da CEG, como o "máximo responsable" da trama e de ser o "encargado de tramitar e dar cumprida conta" entre os anos 1997 e 1999 de subvencións ascendentes a un total de 20 millóns de euros e procedentes de fondos europeos, correspondentes a plans de formación que xestionaba o INEM --a través da Fundación para a Formación Continua (Forcem)-- ou convocaba a Xunta.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE