Vixiantes de seguridade advirten ao SERGAS que poden denuncialo por "incumprimentos graves de contrato público"
Ante o silencio da Xunta, a central advirte que "estuda inciar accións legais contra o SERGAS pola súa complicidade".
A Federación de Traballadores de Seguridade Privada (FTSP-USO) informa que advertiu ata en dúas ocasións por escrito ao SERGAS do incumpliento grave de contrato por parte da concesionaria Salzillo Seguridade.
Os traballadores argumentan que a empresa "non están a executar as condicións técnicas ofertadas para os centros de xestión integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos". Ante o silencio da Xunta, a central advirte que "estuda inciar accións legais contra o SERGAS pola súa complicidade".
Imaxe de recurso dun vixiante de seguridade
Nunha instancia presentada o 6 de setembro, o representante do sindicato maioritario no sector da seguridade privada en España argumenta que Salizillo gañou o concurso, entre outros factores, grazas a ofrecer unha serie de melloras. Melloras que non está a cumprir, segundo a central.
Entre elas está a instalación de cámaras, programas informáticos, e outras medidas técnicas, pero tamén de protección dos vixiantes, como luvas anti corte.
FTSP-USO advirte á Consellería de Sanidade que poderiamos estar ante un caso de "infración grave derivada do incumprimento de contrato público", sancionable. Por último advirte que, de proseguir o silencio, levará o asunto aos xulgados.
Nin SERGAS nin a compañía responderon por agora ás acusacións do sindicato. Salzillo Seguridade tamén presta servizo no Parlamento de Galicia, entre outras moitas administracións.
Escribe o teu comentario