A vaga de incendios parece dar unha tregua tras queimar máis de 1.000 hectáreas en tres días
As chamas seguen ardendo en varios puntos de Galicia -con polo menos un novo incendio fortestal en Xinzo de Limia- pero xa non hai lumes fóra de control tras quedar contido o que consumiu case 200 hectáreas en Ribeira.
Estado de #IIFF en #Galicia das 9:30 horas do 8 de Setembro
— CIEM - Info e Emerg (@Cieminfo) September 8, 2019
ACTIVOS #IFOleirosRibeira con 175 Ha
CONTROLADO #IFSeoaneMonforte con 465 Ha#IFVilariñoLobeira con 150 Ha
EXTINGUIDOS #IFSadiñeiroFisterra con 134 Ha#IFBarbantesCenlle con 45 Ha#IFMiñortosPortodoSon con 90 Ha pic.twitter.com/andX9ylgrP
Devasa realizada no incendio de Ribeira nunha imaxe da BRIF de Tabuyo
#IFOleirosRibeira #ACoruña
— UME (@UMEgob) September 7, 2019
ACTUALIZACIÓN DE DATOS:
👨🏻🚒76 militares
🚒🚁29 medios
Continuarán durante a noite🌖 realizando labores de liquidación e arrefriado na cola e flanco esquerdo do incendio🔥 xunto á localidade de #Balteiro pic.twitter.com/OXGOuRZ1L2
Ademais, a Consellería do Medio Rural publicou un último parte da situación no que informa de que o lume que se prendeu en Zas-Muíño (A Coruña) quedou extinguido ás 11,15 horas desta xornada, despois de queimar 20,9 hectáreas e no que participaron nove axentes, 10 brigadas, sete motobombas e dúas pas.
No caso do incendio estabilizado en Ribeira, o departamento explicou que presenta "unha evolución favorable" e que os servizos de extinción mobilizados contaron con 22 axentes, 36 brigadas, 23 motobombas, dúas pas, nove helicópteros, cinco avións e efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).
ACTIVOS PERO BAIXO CONTROL
Outros grandes focos que seguen baixo control son os de Monforte de Lemos (Lugo), con 465 hectáreas afectadas.
Several wildfires are affecting #Galicia 🇪🇸
— Copernicus EMS (@CopernicusEMS) September 8, 2019
Here is #IFMonfortedeLemos #IFSeoaneMonforte in a 3D rendering of the #Sentinel2 image acquired yesterday 7 September (2D image below) pic.twitter.com/33M435FOcx
O de Lobeira (Ourense), que se levou por diante 150 hectáreas dentro do Parque Natural de Ou Xurés, tamén está controlado.
@brigadavilamaior en #IFLOBEIRA pic.twitter.com/4xQtK23aPa
— Brigada Vilamaior (@basevilamaior) September 7, 2019
A melloría na situación débese, entre outros factores, a que a climatoloxía, sendo adversa, non o é tanto como os pasados días.
Melloría relativa, xa que non é necesario un #NivelExtremo de Risco para que se QUEIMEN os nosos montes
— CIEM - Info e Emerg (@Cieminfo) September 8, 2019
Basta en #NivelAlto para que unha simple faísca inicie un devastador #IIFF
Se ves un #IIFF Avisa!!!
Si ves 🔥ou fume 👉📲
Ante calquera indicio, non o dubides, chama ao 112 ☎️📞 https://t.co/CqQ16K1wNM
Escribe o teu comentario