"Prognóstico reservado" para a octoxenaria á que atacaron dous cans potencialmente perigoso

|

A muller de 88 anos á que atacaron dous cans de raza American este domingo na localidade coruñesa de Melide evoluciona con prognóstico reservado no Hospital Clínico de Santiago.


Can raza americana

Can da mesma raza que os animais que atacaron á anciá 

Segundo informan fontes hospitalarias a Europa Press, o prognóstico é reservado e os médicos están pendentes da súa evolución debido á súa idade.

Os cans, pola súa banda, están na canceira municipal, ao dispor do xuíz que leva o caso, apuntan fontes da Garda Civil.

A octoxenaria sufriu feridas de carácter leve este domingo tras ser atacada polos dous cans en Melide, desde onde foi trasladada ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) en ambulancia.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress