Detido por ameazar a policía e viandantes machete en man e acosar a unha nova

A Policía detivo a un veciño de Vigo de 39 anos de idade, identificado como F.J.P.R., por ameazar a varios viandantes e axentes policiais cun machete, e por acosar a unha muller na vía pública.

|

A Policía detivo a un veciño de Vigo de 39 anos de idade, identificado como F.J.P.R., por ameazar a varios viandantes e axentes policiais cun machete, e por acosar a unha muller na vía pública.


Policialocalgalicia


Segundo informaron fontes do 092, os feitos tiveron lugar o pasado venres pola tarde , cando se recibiu un aviso da presenza dun home en actitude violenta, e que rompera dun golpe o portelo dun coche na zona de Pi e Margall.


Cando a patrulla presentouse no lugar non localizou ao sospeitoso, ao que tamén estaban a buscar dotacións da Policía Nacional.


Minutos despois, a Policía recibiu outra chamada que o situaba na Avenida da Florida onde, presuntamente, acosara a unha nova, que tivo que refuxiarse nunha cafetería da zona. Neses momentos, varias testemuñas iniciaron a persecución deste home, e observaron que levaba un machete, co que os ameazou.


Axentes de Policía Local e Nacional localizaron ao sospeitoso na Avenida Castelao e, ao ser abordado, mostrouse "notablemente alterado", esgrimindo o machete, "de grandes dimensións", á vez que ameazaba con usalo contra os funcionarios. Finalmente, o home foi reducido e detido.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE