Arnoia proclámase a 'sarten de Galicia' o día máis caloroso do verán

As altas temperaturas que durante este xoves afectaron a Galicia deixáronse notar, sobre todo, nas provincias de Pontevedra e Ourense e alcanzaron os 38,3 graos de máxima en Arnoia.

|

As altas temperaturas que durante este xoves afectaron a Galicia deixáronse notar, sobre todo, nas provincias de Pontevedra e Ourense e alcanzaron os 38,3 graos de máxima en Arnoia.


Graos calor termometro


Arnoia marcou o valor máis alto da xornada

Segundo a información de Meteogalicia, as temperaturas foron especialmente altas en Ourense, con valores de 37,3 graos en Leiro ou de 37,2 na capital provincial. Tamén na montaña o mercurio marcou valores altos, como é o caso de Vilamartín de Valdeorras, con 35,2 graos de máxima.


Na mesma liña, na provincia de Pontevedra foron varias as localidades con valores por encima dos 35 graos, sobre todo na zona sur. Así, Arbo alcanzou os 36,8, Salvaterra de Miño e Tui os 36, Redondela os 36,2 e Salceda de Caselas os 36. En Mondariz os termómetros subiron ata os 35,4 graos.


En A Coruña, os valores máis altos marcounos Vedra, con 34,1 graos, seguida de Boqueixón, con 33,3 e Boiro, onde os termómetros alcanzaron os 33. Na capital galega marcáronse temperaturas de ata 32,7 graos.


Finalmente, as temperaturas foron algo máis suaves no norte de Galicia e na provincia de Lugo, onde os valores máis altos alcanzáronse na zona sur, cos 36,5 graos de Pantón e os 35,5 de Sober.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE