A deslocalización de servizos de R afectaría a mil traballadores en Galicia

Persoal de subcontratas de R secundou unha nova xornada de protesta contra a deslocalización de servizos e a perda de postos de traballo, nesta ocasión ante a sede da empresa no polígono da Grela, na Coruña.

|

Persoal de subcontratas de R secundou unha nova xornada de protesta contra a deslocalización de servizos e a perda de postos de traballo, nesta ocasión ante a sede da empresa no polígono da Grela, na Coruña.


Protesta de traballadores de subcontratas de R
En declaracións a Europa Press, Luís Insua, delegado da CIG en Comfica --empresa que presta o servizo de soporte telefónico para R na provincia da Coruña e que a partir de setembro deixaría de prestalo-- explicou que, polo momento, seguen sen ter contacto coa empresa polo que continuarán cunhas protestas fixadas para o que queda de mes.

A decisión de deslocalización de servizos por parte de Euskatel supón, segundo explicou, que 20 traballadores de Comfica --unha das subcontratas de R-- quedarían sen traballo a partir de setembro.

Con todo, os sindicatos elevan a case mil os traballadores que se verían afectados en Galicia se continúa o proceso de deslocalización xa que esta situación, segundo o representante da CIG, afecta non só a Comfica senón tamén a outras subcontratas de R. Por iso, continuarán coas mobilizacións cada martes e mércores na cidade herculina, segundo avanzaron.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE