Luar na Lubre, cabeza de cartel dunha Festa do Xamón que chega á edición número 53
Luar na lubreLa programación xa empezou coa exposición fotográfica "Memoria dá Festa do Xamón", que está no concello desde o día 1 e permanecerá todo o mes.Hai actividades curiosas pensadas para toda a familia, como a elaboración do bocadillo xigante, que conta coa colaboración da Panadería Pirucho e a Asoación de Xamoneiros de Galicia.
A Cañiza quenta motores para a súa concorrida Festa-Feira do Xamón, que alcanza a súa 53º edición, algo do que poden presumir poucas festas gastronómicas.
No aspecto musical do programa destaca a actuación de Luar na Lubre, sen dúbida un dos grandes referentes do folk galego. Será o mércores 14 a partir das 23 horas na praza maior.
Luar na lubre
A programación xa empezou coa exposición fotográfica "Memoria da Festa do Xamón", que está no concello desde o día 1 e permanecerá todo o mes.
Hai actividades curiosas pensadas para toda a familia, como a elaboración do bocadillo xigante, que conta coa colaboración da Panadería Pirucho e a Asoación de Xamoneiros de Galicia. Será o martes 13 a partir das 6 da tarde.
Para os amantes do embutido, tamén se organiza un curso práctico de corte, acompañado dunha cata de viños. Está previsto para o mércoles 14.
O día grande, o xoves 15 de agosto, haberá a tradicional xornada gastronómica na Carballeira do Cachardo a partir das 11 horas. Despois empezará o tradicional concurso de cortadores e a actuación de varios grupos musicais.
Escribe o teu comentario