O Obradoiro ficha o xogador que máis triplos anotou na historia da liga universitaria de EE.UU.

Destacan especialmente os 158 triplos que anotou nos 35 partidos da súa última campaña, que lle valeron –cos que conseguira en campañas precedentes- para bater o récord de triplos anotados na historia da NCAA. A fichaxe do Obradoiro competiu catro anos na primeira división da liga Universitaria | Rikster2  wikimedia Creative Commons Attribution-Share Alike 4.0 International  Licenciado en Socioloxía, o estadounidense completou un gran ciclo universitario, coroado polo campionato da Southern Conference, da que tamén foi Xogador do Ano e MVP do Torneo.Recentemente concluíu a súa participación na liga de Verán da NBA, cos Milwaukee Bucks (4.0 puntos e 1.0 rebotes en 11.7 minutos).O DESAFÍO DE DEBUTAR COMO PROFESIONAL“Con Fletcher incorporamos a un xogador capaz de anotar, principalmente a través do tiro e desde diferentes rexistros, o que lle converte nun xogador adecuado para a nosa maneira de xogar.


|

Cunha media de anotación de máis de 20 puntos por partido nos dous últimos anos, o mozo aleiro destaca pola súa facilidade para anotar de tres, o que lle valeu varias distincións


Este escolta de 1,91 metros e 22 anos procede da Universidade de Wofford, coa que  promediadou 20.3 puntos (49.3% en tiros de dous, 41.9% en triplos e 91.0% en libres), 2.5 rebotes e 1.6 asistencias en 31.4 minutos de xogo. Destacan especialmente os 158 triplos que anotou nos 35 partidos da súa última campaña, que lle valeron –cos que conseguira en campañas precedentes- para bater o récord de triplos anotados na historia da NCAA.


Fletcher magee

A fichaxe do Obradoiro competiu catro anos na primeira división da liga Universitaria | Rikster2  wikimedia Creative Commons Attribution-Share Alike 4.0 International  


Licenciado en Socioloxía, o estadounidense completou un gran ciclo universitario, coroado polo campionato da Southern Conference, da que tamén foi Xogador do Ano e MVP do Torneo.


Recentemente concluíu a súa participación na liga de Verán da NBA, cos Milwaukee Bucks (4.0 puntos e 1.0 rebotes en 11.7 minutos).


O DESAFÍO DE DEBUTAR COMO PROFESIONAL

“Con Fletcher incorporamos a un xogador capaz de anotar, principalmente a través do tiro e desde diferentes rexistros, o que lle converte nun xogador adecuado para a nosa maneira de xogar. Vén con boas referencias deportivas e humanas na súa primeira experiencia profesional, a un novo país e Liga, o que supoñerá para el unha importante esixencia mental e física para as que pensamos que está preparado”, afirma o director xeral do club, José Luis Mateo.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE