Seis anos despois da vertedura na mina de Monte Neme a Xunta segue sen dar "unha solución efectiva", denuncia Salvemos Cabana
O colectivo Salvemos Cabana pediu á Xunta de Galicia "control administrativo" ante os "riscos para a seguridade e a saúde" das antigas balsas mineiras do Monte Neme, entre os concellos coruñeses de Carballo e Malpica.

A asociación denuncia que "seis anos despois do accidente que provocou unha vertedura de máis de 24.000 metros cúbicos de auga e lodos", a "Dirección Xeral de Enerxía segue sen poñer unha solución efectiva".
En concreto, lembran que recentemente varias persoas sufriron problemas de saúde por bañarse nunha das balsas do complexo das antigas minas de wolframio, ao que acoden numerosas persoas para tomar fotos das súas augas de cor azul turquesa.
Desde 2014 Salvemos Cabana pediu "a drenaxe e a selaxe das balsas mineiras ante o risco potencial de accidentes e a toxicidade demostrada da auga das balsas", con "alarmante presenza de elementos como o aluminio", que supón un "risco para a saúde pública e os ecosistemas".
A asociación incide en que no Monte Neme hase incumprido a lexislación aplicable, tanto a nivel autonómico como Europeo.
Escribe o teu comentario