"Fracaso colectivo": Deputada de En Marea márchase e o grupo parlamentario explota definitivamente
Descanse en paz En Marea. A confluencia escribe o penúltimo capítulo da súa agonía. Villares e tres deputados afíns, minoría no Parlamento, vanse ao Grupo Mixto. Flora Miranda anuncia a súa próxima marcha para evitar tomar partido entre os dous bandos e recnociendo o "fracaso colectivo".
Descanse en paz, se pode, En Marea. A confluencia escribe o penúltimo capítulo da súa agonía. Villares e tres deputados afíns, minoría no Parlamento, vanse ao Grupo Mixto. Flora Miranda anuncia a súa próxima marcha para evitar tomar partido entre os dous bandos e recnociendo o "fracaso colectivo".
É o penúltimo capítulo da morte de En Marea, porque aínda quedan as respostas as crítqas lanzados hoxe por Villares á maioría de Podemos Galicia, Esquerda Unida e parte de ANOVA; que probablemente se reagruparán baixo a marca "Galicia en Común", que xa usaron nas eleccións xerais.
Flora Miranda
A deputada de En Marea Flora Miranda anunciou que deixará a súa acta no Parlamento de Galicia cando finalice o período de sesións. Esta decisión débese á fractura do grupo parlamentario, anunciada este xoves polo ata agora portavoz, Luís Villares, que se vai ao mixto xunto cos seus tres deputados afíns (Paula Vázquez Verao, Pancho Casal e Davide Rodríguez".
VILLARES ANUNCIA UN "PROXECTO RENOVADO"
O ata agora portavoz parlamentario de En Marea, Luís Villares, e os seus tres deputados afíns (Paula Vázquez Verao, Pancho Casal e Davide Rodríguez) anunciaron que abandonan o grupo do partido instrumental na Cámara galega e pasaranse ao mixto como consecuencia das súas desavinzas co resto de parlamentarios.
Rolda de prensa dos villaristas
Fíxoo nunha rolda de prensa esta tarde en Santiago, na que leu una intervención que se puiden consultar completa ao final desta noticia. Villares adelantou a intención do seu grupo de lanzar un "proxecto renovado".
MIRANDA SEN ANDRÓMENAS: "O FRACASO É COLECTIVO"
Desvelouno a través do seu perfil na rede social Facebook publlicado pouco máis dunha hora despois de que o portavoz de En Marea, Luís Villares, desvelase que tanto el como outros tres deputados iranse ao grupo mixto da Cámara autonómica. "O fracaso é colectivo", di Miranda na súa mensaxe.
Neste contexto, Flora Miranda indicou que xa non estará no Parlamento no novo período de sesións --previsto para o mes de setembro-- debido á "quebra dun proxecto político polo que apostou e no que estaba disposta a traballar".
"Un proxecto que superase minifundios con altura, responsabilidade e madurez para traballar pola/coa xente. Entendo que non procede a toma de posicións, dado o contexto", lamenta no seu perfil de Facebook.
MENOS DUN ANO NO PARLAMENTO
Ante este fracaso "colectivo", segundo as súas palabras, Miranda reincorporarase como médico de Atención Primaria á súa consulta no centro de saúde da Estrada (Pontevedra), onde exercía antes de acceder ao Parlamento en setembro de 2018, en substitución de Magdalena Barahona.
Cando se materialice a marcha desta deputada, que ocupaba o número seis pola Coruña, a lista corre ata o número sete da candidatura de En Marea en 2016, que corresponde a Xan Xove, de Marea Atlántica.
De non facelo, o escano correspondería á número oito da lista, Mariló Candedo, quen era precisamente a candidata da dirección de En Marea para ser senadora por designación autonómica, unha elección que propiciou a ruptura do grupo de En Marea, fracturada 'de facto' desde fai máis dun ano entre partidarios de Villares e críticos.
O nome proposto polos críticos con Villares foi o do exedilherculino José Manuel Sande, elixido nunha votación telemática na que Flora Miranda foi a única que apostou por Mariló Candedo.
Á MARXE DOS DOUS BANDOS
Miranda permanecera de perfil na guerra interna do grupo durante os dez meses que permaneceu na Cámara, non posicionándonse ao lado de ningún dos dous bandos que terminou por separarse tras o paso dado por Villares e os seus afíns.
Intervención de Luís Villares na rolda de prensa na que anunciou o pase ao grupo mixto
Santiago, 20 de xuño de 2019.-
Boas tardes a todas.
Ás veces en política, como na vida, cómpre tomar decisións difíciles para seguir avanzando, para defender uns compromisos e sacar adiante uns ideais.
- O nacemento en 2016. Unha marea galega: unión de persoas en Galicia e alianzas estatais.
En Marea, como proxecto político de unidade popular baseado na coalición de persoas e non de partidos, foi unha aposta novidosa na vida política galega en 2016, que recibiu un importante apoio cidadán que a levou a converterse na segunda forza política de Galicia.
Este éxito estaba baseado na idea de crear un espazo político común de base cidadanista e non partidaria, que permitise que xente procedente de tradicións políticas moi diferentes compartir traballo por uns ideais e un programa común baseado na xustiza social, a radicalidade democrática e a defensa dos intereses nacionais de Galicia.
Este proxecto mirábase na experiencia exitosa do traballo cidadán feito no campo local, e constituíuse a semellanza das mareas municipais. A gran marea galega do 2016 pretendía ser unha marea municipal de dimensión nacional, tendo por veciñanza a cidadanía de Galicia.
- A falta de xenerosidade dos partidos. As persoas independentes, simples convidadas de pedra.
Isto supuxo a perda de poder político local dos partidos a favor das mareas, e non estaban dispostos a permitir que iso sucedese a nivel galego. Por iso, en canto os aparatos dos partidos percibiron a ameaza que para a súa propia supervivencia supuña un espazo cidadán organizado decidiron que ou ben o colonizaban ou ben o destruían.
- O papel dominante de Podemos na destrución das mareas e de EM.
- Podemos debe construír unha organización estatal única e
- Podemos debe radicalizar o seu discurso abandonando a súa transversalidade social inicial.
A implantación das teses de Iglesias no campo ideolóxico levouse a cabo durante 2017 e supuxo unha importante purga de persoas diversas que daban conta da súa pluralidade inicial. A partir dese momento na Marea comezamos a ter conflitos de discurso que tratamos de evitar airear sempre que puidemos, pero que nos foron arrastrando, sobre todo no simbólico, a posicións que non eran as que EM quería defender. Exemplo disto foron:
- A posta en cuestión da nosa ética colectiva, como o respaldo a unha deputada que empregou indebidamente a súa credencial nun incidente policial, que foi amparada no GP simplemente por ter o carné de Podemos;
- Ou en relación á defensa que eu fixen da independencia xudicial da asociación xuíces para a democracia, que me valeu no seu día as presións e o reproche do propio Iglesias.
Rematada a purga ideolóxica comezou a imposición dun modelo vertical e unitario de organización que levou a Iglesias a tentar facerse co control de EM, algo que tentou en varios plenarios sen conseguilo, razón pola cal optou directamente por destruír a confluencia e formular un proxecto alternativo, baseado unicamente nos partidos e non nas persoas, é dicir, a antítese das mareas. Exemplo disto foron os plenarios de 2017 e 2018, o amordazamento do GP estatal e mesmo o intento de alteración do censo nas eleccións internas de 2019. Tamén a rotura da disciplina de voto nunha ocasión en resolución relativa á defensa do autogoberno de Galicia.
Neste contexto, e non revelei isto ata agora, pero cando a principios de 2018 se produce esta situación, eu mesmo encabecei unha comisión que pretendeu negociar a posición do GP de EM no Congreso, que só recibiu negativas por parte de Iglesias e de Echenique, que se negaron a cumprir os acordos asinados como coalición no ano 2015, e que tiveron o aval explícito de gomez Reino e Díaz.
Nese momento deberíamos ter denunciado publicamente esta situación e ter marchado ao grupo mixto. Pero aguantamos e logo foi posto en cuestión o noso compromiso programático electoral, cando nos Orzamentos xerais do Estado os deputados de Podemos, co inexplicable seguidismo deos de Anova, apoiaron unha proposta infame en canto aos investimentos para Galicia.
Non nos fomos no seu día e pido perdón en nome de EM ao electorado por non telo feito naquela altura. Porque iso nos tería permitido explicar e defender unha axenda política galega que dese modo quedou totalmente amordazada polo centralismo podemita.
Non o fixemos para gardar a casa DA UNIDADE, pensando que a unidade era un valro moral da política en si mesmo. Pero a unidade sen lealdade aos principios comúns, aos pactos firmados, non vale para nada.
En nome da unidade calamos e aturamos o que non tiñamos que calar. E o peor de todo, que por tentar manter a unidade, algúns calamos cando outros se dedicaron de forma desleal a dinamitar o proxecto común. A unidade sen lealdade non vale para nada.
- NON NOS RESIGNAMOS.
non nos resignamos a deixarnos devorar por Podemos.
- A realidade política do Grupo parlamentario galego.
Pero actualmente, e dende hai tempo, por todas estas causas, o GP xa non cumpre esta función.
A chamada esta fin de semana pasada do Secretario Xeral de Podemos Galicia a DESOÍR unha decisión lexítima e democrática adoptada pola dirección de En Marea, en relación a unha proposta de designación de senadora, foi xa a pinga que fixo rebordar o vaso.
Un dirixente dunha organización política indicándolle a uns deputados escollidos por outra organización o que teñen que facer é algo que ningunha organización política soberana pode aceptar.
Podemos é moi libre de lanzar un proxecto político en Galicia diferente ao de En Marea, só ou na compaña que escolla.
O que non é lexítimo é SUPLANTAR a vontade electoral das galegas e galegos decidida nas urnas en 2016. En 2016 a xente escolleu En Marea, o seu programa, os seus contidos, a súa organización e as súas siglas. A xente que foi candidata asinou UNS ACORDOS de respectar estes compromisos. En consecuencia, a vontade electoral descansa no proxecto de EM, non no de Podemos.
Ao longo dos últimos días puidemos comprobar a falta de vontade deste grupo de deputados de actuar conforme os compromisos adquiridos en 2016, que eran os que fundamentaban a existencia do Grupo Parlamentario de En Marea.
Por iso, a solución lóxica era que eses deputados/as renunciasen ás súas actas ou polo menos, abandonasen o grupo parlamentario que leva o nome da organización á que din non representar.
Nada disto sucedeu. E non é previsible que suceda.
- A nova realidade política: Dúas forzas soberanas.
Sabíamos que dentro do GP coexistían varias sensibilidades, que tiñan unhas normas de convivencia, que marcaban os estatutos de En Marea. Isto xa non é así. Agora existen dúas realidades partidarias, a daquelas deputadas leais ao mandato de EM e aquelas que obedecen as consignas dunha organización diferente: Podemos.
Quedamos pois convertidos en representantes políticos de 2 forzas políticas soberanas: EM e Podemos (calquera que sexa o seu nome).
E entre forzas políticas independentes as relacións teñen que ser de igualdade, e non de subordinación. Só hai un instrumento de relación entre forzas independentes: o pacto entre iguais: o consenso. E o consenso foi tamén o que buscamos nas últimas semanas facendo propostas que desbloqueasen a designación de senador, en numerosas xuntanzas e propostas, que foron finalmente infructuosas, pois se pretendeu resolver con regras de maioría o que só pode resolverse por regras de consenso, cando de forzas independentes e soberanas se trata. Non agardamos xa que as deputadas e deputados que profesan obediencia a Podemos ou lle fan seguidismo acaten o mandato e o programa dunha organización que non consideran súa, como en Marea.
- O FUTURO.
Anunciamos pois, que estes catro deputados e deputada abandonamos un Grupo Parlamentario que xa non representa a En Marea, senón a Podemos e aqueles que deciden seguir os seus ditados para lanzar un proxecto RENOVADO, que recupere a ilusión perdida durante estes anos polas leas internas e que sexa unha das voces plurais da esperanza.
Unha das voces. Recoñecemos a pluralidade da sociedade galega. Queremos representar humildemente un proxecto político no que se poda sentir integrada unha parte da cidadanía, que se di galega e PROGRESISTA. Recoñecemos que hai moitas maneiras de sentirse galega e progresista.
A nosa voz política, que estamos afinando no proceso de reflexión que culminará no mes de xullo co lanzamento dun proxecto renovado para o vindeiro curso político, componse da seguinte polifonía:
- Unha coralidade republicana e progresista ampla, baseada nos seguintes valores:
- Feminismo
- Ecoloxismo
- Xustiza social
- lgualdade
- liberdade
- e apoiada nos movementos sociais e a sociedade civil de Galicia.
- Unha idea nacional inclusiva. Sentímonos galegas e galegos de razón, de corazón e de nación. E compartimos ese sentimento con toda a xente que vive e quere facer a súa vida en Galicia ou para quen sen vivir aquí, Galicia forma parte da súa vida. Unha idea que teña un correlativo político: Un soberanismo democrático onde a cidadanía galega sexa o espazo de decisión.
- Un compromiso democrático inquebrantable. Queremos que a cidadanía sexa protagonista política e económica da súa vida, e que dean sempre o seu consentimento informado ás decisións políticas que lles afectan.
- Unha actitude política amable, baseada nos coidados. Estamos en política para propoñer solucións e mellorar a calidade de vida da xente. E para iso non fai falta estar enfadados nin caer en estridencias Xa abondou de enfados, de discusións e de leas.
Cando alguén vén cunha solución, vén cun sorriso. E aquí está esta nova marea, que con humildade pero con determinación, abre un novo ciclo institucional cun sorriso á democracia social no noso País.
Escribe o teu comentario