​“Malestar” entre os traballadores de Atención Primaria nos días previos á folga

A Asemblea de Áreas Santiarias de facultativos de Atención Primaria expoñerá publicamente as súas reivindicacións esta mesma tarde mediante unha rolda de prensa no Centro Sociocultural de Fontiñas na capital galega no marco da convocatoria de folga que se celebrará este 19 de xuño.


|

A Asemblea de Áreas Santiarias de facultativos de Atención Primaria expoñerá publicamente as súas reivindicacións esta mesma tarde mediante unha rolda de prensa no Centro Sociocultural de Fontiñas na capital galega no marco da convocatoria de folga que se celebrará este 19 de xuño.


Medicos de vigo secundaorn o paro de atencion primaria


Os médicos de Vigo si secundaron o paro desconvocado en maio


“Esta convocatoria está xustificada polo gran malestrar entre os profesións sanitarias nos Centros de Saúde pola deterioración das condicións de traballo asistencial, relacionadas coa mala xestión, a carencia de recursos e a falta de decisión da actual administración”, sinala o organismo asembleario na súa nota.


Despois da desconvocatoria da folga prevista para o mes pasado, se ben si se celebrou na área sanitaria de Vigo á marxe dos sindicatos que asumiron a desconvocatoria, os profesionais médicos decidiron plantarse este mes de xuño “Comprobada a nula intención da Consellería de Sanidade de atender as necesidades da asistencia aos pacientes reclamadas desde hai meses por diferentes colectivos profesionais, as Asembleas de cada Área Sanitaria votaron en favor de secundar unha mobilización global de todo o persoal facultativo en demanda de melloras concretas que revertan nos nosos pacientes”, anuncia o organismo.


Ademais do parón tamén está programada unha manifestación para ese mesmo día, que partirá ás 12 horas desde a Xunta en San Caetano ata a Consellería de Sanidade en San Lázaro.  

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE