​Depor pasa á final e roza o ascenso

A escuadra branquiazul espera na final dos playoff de ascenso ao vencedor do Mallorca – Albacete. 


|

A escuadra branquiazul espera na final dos playoff de ascenso ao vencedor do Mallorca – Albacete.


Depor malaga


Nin o afeccionado máis optimista creuse fai un par de meses, co equipo naufragando en liga e o presidente saíndo pola porta de atrás, que o Deportivo da Coruña ía estar tan preto do ascenso. Os de Pep Martí están a un paso de regresar a Primeira División despois de superar ao Málaga en Riazor e na Rosaleda, de onde se foron cun solvente 0-1.


Os branquiazuis expuxeron en Andalucía un partido serio, co obxectivo de facer boa a renda de dous goles que se traían de casa. Pero non todo foi coser e cansar. Ao pouco de empezar Ontiveros, un home ao que a división de prata sábelle a pouco, estrelou na madeira a primeira tentativa malaguista. Pouco despois, outro derechazo de Ontiveros foi repelido polo traveseiro, noutra ocasión clara dos locais.


Xa no segundo tempo, o Málaga seguiu co seu acoso e derriba, pero atopándose sempre cunha zaga ben ordenada ou cun Dani Giménez inspirado. O Deportivo en cambio non necesitou máis que un inocente disparo de Bergantiños, coa inestimable colaboración de Munir, para establecer o definitivo 0-1 e levar aos herculinos á final.


Agora o seguinte rival sairá do duelo que enfronta a Albacete e Mallorca. De Castela-A Mancha ou as Illas Baleares sairá a pugna por un posto en Primeira División. En Riazor xa esperan impacientes.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE