A choiva non se quixo perder a Rosalía, tra-tra

A actuación da catalá viuse embazada no primeiro tramo por un chuvieiro que non puido co ánimo dos asistentes. 


|

A actuación da catalá viuse embazada no primeiro tramo por un chuvieiro que non puido co ánimo dos asistentes.



Rosalía reina con

Rosalía actuando onte á noite en Santiago de Compostela


Puido acabar mal, mu’mal mu’mal mu’mal mu'mal…pero nunca choveu que non escampase en Ou Son do Camiño. O segundo día da edición de 2019 será lembrado por moitos como o día que aguantaron estoicamente baixo a choiva para ver a actuación de Rosalía, talvez a artista máis internacional e reclamada do momento.


 A catalá fixo as delicias dos asistentes coa súa actuación, pasada por auga no primeiro terzo do acto. Co seu ‘Mal querer’ e cun espectáculo coreográfico como poucos artistas poden ofrecer, a sasroviense levou todos os aplausos. Mesmo se atreveu co galego e contou unha anécdota persoal que revela o seu vínculo con Galicia, xurdido dunha peregrinación ata Compostela desde Roncesvalles.


THE BLACK EYED PEAS

Entre pitos foron recibidos en cambio The Black Eyed Peas, que saíron ao escenario máis tarde do esperado. O público foi o encargado de amenizar a tardanza dos estadounidenses, entoando o ‘Miudiño’, convertendo o Monte do Gozo na cancha do Obradoiro por unha noite.



Rosalia black eyed peas son do camiu00f1ou (3)

The Black Eyed Peas no Monte do Gozo


Tras a espera, Will.i.am, Apl.de.Ap, Taboo e Jessica Reynoso, a substituta de Fergie, non decepcionaron a un recinto que aguantara ata a madrugada para velos a eles. Con algúns dos seus temas máis icónicos, como ‘Pump It’ ou ‘Boom Boom Pow’, os californianos puxeron patas para arriba o festival. Ademais, o grupo gardou un par de sorpresas, como a Will.i.am chapurreando español e unha sesión aos pratos do xefe da banda.


MÁIS ACTUACIÓNS 

Pero ademais dos cabezas de cartel, o segundo día de Ou Son deixou moitas máis actuacións. Block Party e Shinova serviron de aperitivo antes dos pratos fortes e non deixaron indiferentes a ninguén, con dúas actuacións ben compensadas e a velocidades moi distintas. Previamente, os galegos Igloo e Iván Ferreiro levaron algunhas das maiores ovacións do día, tanto polos concertos como polo feito de xogar en casa. A velada concluíu cos ritmos de Hard GZ, cuxa actuación foi -trasladada de hora e terminou pechando o día, e W&W.


Hoxe terceiro e definitivo asalto, con Iggy Pop e David Guetta como principais atractivos dun cartel en grao sumo internacional e variado, aínda que moitos seguro que se apuntaron para ver á barcelonesa Bad Gyal, á banda madrileña de Vetusta Morla ou aos xemelgos granadinos Ayax e Prok. Enfilamos a última etapa do Camiño e xa se atisba a catedral. Confiemos en que aguanten as pernas esta última etapa. 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE