Junqueras admite erros e pide negociación durante a alegación final do xuízo

|

O exvicepresidente catalán Oriol Junqueras apelou este mércores, durante a súa quenda de última palabra no xuízo do 'procés', a devolver a cuestión do conflito catalán a "a política, a boa política, ao terreo da negociación e o acordo".


Oriol Junqueras declara no jucio do procés


En poucos minutos, Junqueras dirixiuse ao tribunal para asegurar que mantén as súas "conviccións políticas e relixiosas" e que as comparte "con todos aqueles que cren que defender a república desde un parlamento non pode constituír delito", sempre "desde o respecto ás liberdades fundamentais e os Dereitos Humanos".


"Todas as miñas accións demostran o meu respecto pola bondade e a dignidade humanas. Todos os que me coñecen seguro que son perfectamente conscientes diso, incluídas as acusacións. Calquera político comete erros, pero sempre evitei esa mala política que nega o diálogo, a negociación e o acordo. Entendo que lles pasaron a vostedes a responsabilidade de ditar sentenza. O mellor para todos sería devolver a cuestión á política, a boa política, devolver o asunto ao terreo da negociación e o acordo", afirmou.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress