A falta de respostas leva aos PACs galegos a unha concentración ante a sede do SERGAS

Traballadores de Puntos de Atención Continuada (PAC) de Galicia concentraranse este xoves diante da sede do Servizo Galego de Saúde (Sergas), en Santiago, ante a "falta de resposta" á petición de mediación e ao "incumprimento reiterado dos servizos mínimos" na folga indefinida que manteñen desde hai meses.

|

Traballadores de Puntos de Atención Continuada (PAC) de Galicia concentraranse este xoves diante da sede do Servizo Galego de Saúde (SERGAS), en Santiago, ante a "falta de resposta" á petición de mediación e ao "incumprimento reiterado dos servizos mínimos" na folga indefinida que manteñen desde hai meses.


Pacs en pé de guerra


Protesta da plataforma 'PACs en Pié de Guerra'


Segundo informou o colectivo PACs en Pié de Guerra, os representantes da diferentes PAC de toda Galicia reuníronse estes días cos traballadores nas súas respectivas áreas para "avaliar o acontecido coas coberturas durante as últimas semanas" e "seguir planificando as próximas accións mentres se segue á espera de que o SERGAS sente de novo a negociar".


Por parte do comité de folga solicitouse unha reunión co conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, desde o pasado 14 de maio e desde o día 24 están "á espera de que o SERGAS responda á solicitude de mediación pedida", denunciaron. "Ata a data non hai resposta a ningunha das dúas peticións", lamentaron.


Por iso, os traballadores continuarán en folga e mostraron "a súa preocupación" para afrontar o seu traballo durante o verán tras "os últimos incumprimentos dos servizos mínimos".


Por iso, "ante a indiferenza e o nulo interese mostrado polo Sergas", resaltou o colectivo, nas reunións realizadas nas diferentes zonas de Galicia acordouse participar na concentración que terá lugar este xoves ás 17,00 horas con motivo da reunión do Consello Técnico de Atención Primaria no edificio administrativo do SERGAS , á que convidan "a toda a ciudanía e persoal sanitario a unirse".


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE