Divorcio na patronal: a de Pontevedra apártase da patronal de Galicia

Matiza que non é unha baixa, senón que evita participar e vaise a opoñer en todo aquilo que non sexa "claridade e transparencia nas contas"

|

1633768



O comité directivo da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), reunido este luns, decidiu "separarse" e "afastarse de calquera participación en órganos colexiados en temas relacionados cos asuntos económicos internos" da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG).

O presidente da CEP, Jorge Cebreiros, xustificou que "non" queren verse "representados nin contaminados por ningún problema económico" ante unha patronal galega que non presentou as contas, nin ten informe de auditoría de 2018 e da que "non" teñen "ningunha información do ano 2019" nin do estado da situación nin a liquidación de gastos, precisou.

Esta decisión do comité directivo da CEP adoptouse de maneira unánime. De modo que se toma a decisión de desvincularse "ata que todos os asuntos económicos estean absolutamente aclarados", puntualizaron por parte da patronal pontevedresa.

"Pensamos que esta non é a forma na que teñen que funcionar as organizacións", dixo Jorge Cebreiros, quen considera que, de continuar Pontevedra formando parte da CEG, estarían "a dar moi mal exemplo participando ou sendo cómplices dun funcionamento" que non consideran "normal nunha organización".

Cebreiros aclarou que non é unha baixa dentro da CEG, senón que evitan participar e vanse a opoñer en todo aquilo que non sexa "claridade e transparencia nas contas", que é "o mínimo" que debe presentar unha organización empresarial.

EVITAR RESPONSABILIDADE
A xunta de vicepresidentes da asociación que preside Jorge Cebreiros xa alcanzara este acordo o pasado xoves e este luns ratificouse para evitar así calquera responsabilidade na que poida incorrer a CEG. En Lalín en febreiro de 2017 a CEP xa adoptara a mesma decisión.

Na reunión celebrada este luns en Pontevedra a CEP presentou o peche económico do primeiro trimestre do ano en curso.

PREOCUPACIÓN POR ENCE
Pola súa banda, o vicepresidente da CEP, Javier Touza, insistiu na preocupación existente polo "grave problema que supón a inseguridade xurídica" que provoca un cambio de criterio por parte de Avogacía do Estado respecto a a defensa da proóroga da actual concesión dos terreos que ocupa a empresa Ence na ría de Pontevedra. "É o peor caldo cultivo para os investimentos, se non hai investimentos non se pode crear emprego nin riqueza", dixo.

Touza indicou que "é enorme a multitude de empresas que se poden ver en serio perigo" despois de décadas asentadas na costa, no dominio marítimo terrestre. Neste sentido, a CEP considera "imprescindible" que haxa un "pronunciamento claro e definitivo" por parte dos órganos do Estado.

CIUDAD DE AUTOCONSUMO
Segundo informou en rolda de prensa o vicepresidente da CEP, José María Corujo, na reunión deste luns do comité directivo da Confederación deuse conta dun informe da pasada campaña de Nadal na cidade de Pontevedra, no que se recolleron datos "que nos poñen pelo de punta" ao reflectir que é unha "cidade de autoconsumo".

"Á marxe de non atraer", explicaron, os empresarios culpan desta situación a "a estrutura das comunicacións coa cidade" que definen como "infraestruturas do século pasado" que deixan á Boa Vila "moi illada", concluíron.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE