Un centenar de persoas reclaman ante a Deputación de Ourense o fin do baltarismo

Ao redor dun centenar de persoas concentráronse na tarde deste venres fronte á sede da Deputación de Ourense para reclamar a "saída dos Baltar" do goberno provincial tras a perda da maioría absoluta por parte do PP.


|


Ao redor dun centenar de persoas concentráronse na tarde deste venres fronte á sede da Deputación de Ourense para reclamar a "saída dos Baltar" do goberno provincial tras a perda da maioría absoluta por parte do PP.


Un centenar de persoas concéntrase fronte á Deputación de Ourense para reclamar a
Baixo o lema 'Botemos vos Baltar' --Botemos aos Baltar-, a protesta, realizada en réxime de "autoconvocatoria", foi secundada por unhas cen persoas de todas as idades que se concentraron nun lateral do edificio que acolle a sede do goberno provincial.

A partir das 20,00 horas comezou a chegar a xente ao lugar da concentración. No edificio situado fronte á Deputación colgaba unha pancarta na que podía lerse 'Ctrl+Baltar+Supr'.

A acción prodúcese en plenas negociacións para configuración do goberno provincial, marcadas pola perda da maioría absoluta do Partido Popular ourensán que lidera José Manuel Baltar.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE