Elena Muñoz dimite como presidenta do PP de Vigo
A ata agora presidenta e portavoz municipal do Partido Popular de Vigo, Elena Muñoz, anunciou este sábado a súa renuncia a ambos os cargos, motivada polos resultados electorais do pasado domingo, cando o PP obtivo só catro dos 27 concelleiros.

"Considérome unha privilexiada por ter a oportunidade de traballar por Vigo, pero en política, se non se cumpren os obxectivos, hai que tomar decisións", sentenciou Elena Muñoz tras a xunta local celebrada este sábado na sede do partido na cidade olívica.
Para Muñoz, "chegou o momento de facerse ao carón", polo que sinalou que o partido "ten os seus mecanismos para afrontar estas situacións; a xestora é unha das posibilidades".
Así mesmo, e preguntada pola próxima portavocía municipal, Elena Muñoz indicou que a elección do novo portavoz será unha "cuestión de equipo, como sempre se toman as decisións importantes neste partido".
Escribe o teu comentario