​A gaita galega soa no Primeira Sound da man do Centro Galego de Barcelona

Un dúo de gaiteiros actuou nun dos escenarios do festival de música e interpretaron un tema inédito de BFlecha. 


|

Un dúo de gaiteiros actuou nun dos escenarios do festival de música e interpretaron un tema inédito de BFlecha.


Primavera Sound


O Primavera Sound 2019 tivo un particular acento. Esta edición do festival de música contou coa actuación dun grupo de gaiteiros do Centro Galego de Barcelona que acompañaron a actuación da artista BFlecha, nome artístico de Belén Vidal, que estreou un tema inédito en compañía das gaitas.


A colaboración dos gaiteiros foi posible grazas ao acordo alcanzado co presidente do Centro Gallego, Carlos Mandianes, e a organización do festival, que reservara a estrea do tema e o seu acompañamento co instrumento tradicional galego como sorpresa da xornada”, comenta a nota da entidade.


Primavera Sound 3



Ademais das gaitas, os asistentes ao Primavera Sound teñen a oportunidade de gozar das actuacións dalgúns dos principais referentes musicais do panorama internacional, como Miley Cyrus ou Rosalía

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE