Varios PACs quedaron baixo mínimos durante o domingo

PACs en Pié de Guerra da área da Coruña denunciou que o Sergas volveu "a incumprir os servizos mínimos" nalgúns Puntos de Atención Continuada (PAC) durante a xornada electoral do 26 de maio.

|

A pesar de que a Xunta dispón de longas listas de substitución en enfermería e que era previsible que a xornada electoral provocase ausencias, non se cubriron as prazas previstas en varios Puntos de Antención Continuada do SERGAS, segundo denuncian os actvistas de PACs en Pé de Guerra.


PACs en Pé de Guerra da área da Coruña denunciou que o Sergas volveu "a incumprir os servizos mínimos" nalgúns Puntos de Atención Continuada (PAC) durante a xornada electoral do 26 de maio.


Pacs en pé de guerra cig



Segundo denunciou este colectivo nun comunicado, ao longo do domingo, coincidindo coa xornada electoral, "volvéronse a producir incidencias na cobertura do persoal sanitario de diversos Pacs na área sanitaria da Coruña", que, lamentou, "imposibilitou nalgunhas zonas conciliar cobertura de asistencia con dereitos dos traballadores".


MÉDICOS E ENFEREMRAS EN SOLITARIO

En concreto, este colectivo puxo como exemplos o PAC de Laracha que "estivo durante dúas horas, de 8 a 10 da mañá cun só médico cando debería de haber dous", do mesmo xeito que en Carballo, que "durante dúas horas (18-20 horas) quedou un efectivo médico de menos, ou a Casa do Mar que en total chegou a estar cun médico menos durante unhas oito horas", sinalou.


Ademais, PACs en Pié de Guerra asegura que "non se realizou a cobertura do 100% da presenza de enfermería dos PACs de Cee e Vimianzo", polo que quedaron "os equipos sanitarios incompletos". "O PAC de Vimianzo estivo cunha soa enfermeira ata as 12 da mañá", abundou.


Mentres, apuntou que no PAC de Cee "estivo unha única enfermeira de 8 a 12 da mañá, e de 18 a 22 da tarde, no canto de dúas, como esixen os servizos mínimos".


"Este feito é máis grave, se cabe , se se ten en conta que existe excedente de oferta nas listas de Enfermería, que non se ten a escusa do anterior proceso electoral de déficit de persoal de enfermería pola proximidade dunha OPE", denuncia este colectivo.


"PREVISIBILIDAD"

Todo isto, critica, "ante a evidente previsibilidad de que os traballadores ían ir a exercer o seu dereito a voto e proceso electoral previo no que xa se denunciaron feitos que se volveron a repetir".


"Consideramos que a Xerencia desta área sanitaria é responsable do incumprimento dos servizos mínimos, que unha vez máis deposita nos profesionais da saúde unha maior responsabilidade da que lle corresponde e obriga aos mesmos a realizar o seu traballo en condicións que poden non garantir unha asistencia sanitaria adecuada dado que o propio Sergas estableceu para esta folga un 100% de cobertura dos servizos mínimos e é o mesmo que o está incumprindo sistematicamente", advertiron por parte de PACs en Pé de Guerra.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE