A Xunta non ofrece novas melloras aos PACs a pesar da folga

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) mantén a súa oferta aos Puntos de Atención Continuada (PAC) e lembra que "aceptou nove das 11 medidas expostas" polas organizacións sindicais.

|

Os PACs viven o luns unha xornada de vixilia coa que lembran que levan 18 meses de protestas pero o SERGAS respóndelles que non hai máis medidas sobre a mesa


O Servizo Galego de Saúde (Sergas) mantén a súa oferta aos Puntos de Atención Continuada (PAC) e lembra que "aceptou nove das 11 medidas expostas" polas organizacións sindicais.



Pacs en pé de guerra

Unha pasada protesta dos PACs en Vigo


Así o indicou a Consellería de Sanidade nun comunicado na mesma xornada na que foron convocadas vixilias este luns pola noite polo colectivo PACs en pé de Guerra con motivo dos seus 18 meses de mobilizacións.


CHAMAMENTO AO DIÁLOGO

Ademais, o Sergas fixo un chamamento ás organizacións sindicais e representantes dos traballadores "para continuar o diálogo". De feito, o comité de folga dos PAC lamentou este luns que "unha semana despois de pedir unha reunión coa Consellería de Sanidade aínda non tiveron resposta".


Entre as últimas "melloras" incorporada ás proposta aos traballadores dos PAC o Sergas lembra o "incremento retributivo pola realización de noites e festivos/domingos nun 60% en 2020 e do 40% en 2021", o que supoñerá, concreta, "de media un incremento de 600 euros anuais por noites e 1.400 anuais por festivos/domingos".


En relación co incremento de persoal, o Sergas lembra que aceptou a garantía de reforzos de profesionais que sexan necesarios "tendo en conta criterios obxectivos como a sobrecarga asistencial, distribución etaria, dispersión, desprazamentos ou outras circunstancias que o xustifiquen".


"Tamén se aceptou a dotación de equipos completos de profesional medicina/enfermería e realización no último trimestre de 2019 dunha análise da dotación de novas prazas no marco global da Atención Primaria", indica Sanidade.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE