Vixilia nos PACs para lembrar o seu ano e medio "en pé de Guerra"

Todas as Áreas Sanitarias de Galicia levarán a cabo este luns unha vixilia para lembrar que se cumpren 18 meses desde o inicio do movemento reivindicativo dos PAC en pé de Guerra.

|

Todas as Áreas Sanitarias de Galicia levarán a cabo este luns unha vixilia para lembrar que se cumpren 18 meses desde o inicio do movemento reivindicativo dos PAC en pé de Guerra.


Protesta este domingo 12 de agosto ante os PAC de Galicia
Tal como informaron os organizadores nun comunicado, os encontros realizaranse tras a posta de sol ata medianoite. Desta maneira, en Pontevedra, a concentración comezará ás 21,00 horas diante do concello; na Coruña, ás 21,30 horas no Obelisco; en Vigo, en Ourense, en Ferrol e en Santiago comezarán tamén ás 21,30 horas no PAC; mentres que en Lugo iniciarase ás 20,30 horas no PAC de Viveiro.

En decembro do 2017 naceu no Área Sanitaria de Vigo o movemento 'PACs en pé de guerra', que "rapidamente" se estendeu ao resto das áreas de Galicia. "A súa aparición foi tras anos de sobrecarga asistencial, cos complementos de festividade e nocturnidade conxelados desde o 2010 e cun cómputo de xornada que penaliza os períodos de incapacidade temporal e os permisos retribuídos", lamentaron.


IMG 20190518 WA0003


"Gustaríanos que os usuarios se unisen á reivindicación dunha atención extrahospitalaria de calidade, coa dotación de persoal adecuada e non deteriorada pola sobrecarga laboral, que traballe en condicións seguras e con material adecuado", pediron.


Así, desde o 7 de xaneiro o persoal sanitario dos Puntos de Atención Continuada (PAC) está nunha folga indefinida, que sumada ás xornadas de folga en outubro e novembro, supoñen unhas 150 gardas nunha folga "invisible" por uns servizos mínimos do 100%.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE